sábado, 27 de febrero de 2016

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

O XOVES 25 DE FEBREIRO "OS PIRATAS" E "OS ASTRONAUTAS" TIVEMOS A GRAN SORTE DE DESFRUTAR DUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS E, COMO NON, NON FALTOU EN NINGÚN MOMENTO O ACOMPAÑAMENTO MUSICAL. PUIDEMOS ESCOITAR CONTOS E POEMAS COMA, "CANTAROLAS", "PAXARIÑA DE PAPEL", "O POLIÑO DA ABELEIRA" E "UNHA NOITE DE CHUVIA". 
FOI UNHA SESIÓN ESPECTACULAR, IMPRESIONANTE, XENIAL ... PROBA DELO É QUE AO REMATAR NINGÚN NENO/A E PROFE QUERÍAMOS MARCHAR. 
XA VEREDES, XA ...

jueves, 25 de febrero de 2016

SEMENTEIRAS DE TOMATES, LEITUGAS E PEMENTOS

Chegou a hora de preparar as sementeiras para logo trasplantar na primavera e para iso temos en conta a Lúa. 
Tamén construimos as nosas propias regadeiras reciclando botellas de plástico.
Participamos as aulas de 5 anos. 
Nesta montaxe aparecen os Piratas (aula nº2 ) e os Dragóns (aula nº 5). Nas vindeiras semanas o faran as outras aulas de 5 anos.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow made with Smilebox

lunes, 22 de febrero de 2016

As Abelliñas  seguimos traballando cos transportes, e nesta ocasión déixovos constancia das clasificacións feitas, dos conceptos que repasamos, e do mural que conseguimos facer entre todos. Grazas familias pola vosa colaboración e conseguir así un gran rincón dos medios de transportes.


jueves, 18 de febrero de 2016

RECOLLEMOS RABANITOS NA HORTA DE VILA LAURA

Seguimos traballando na horta e chegou o momento de recoller RABANITOS. Foi unha grata experiencia con degustación incluida.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow customized with Smilebox

viernes, 12 de febrero de 2016


CHEGOU O ENTROIDO A VILALAURA E AS ABELLIÑAS O CELEBRARON COMA TODOS CUNHA CHOCOLATADA, E TRAENDO CADA DÍA O QUE NOS MANDABA A MECA. SEGUINDO A LÍNEA DO NOSO PROXECTO DISFRAZÁMONOS E DESFILAMOS AO SON"DO TREN" (DE ANDRES DO BARRO) DE SEMÁFOROS, E SINAIS DE TRÁFICO.


miércoles, 10 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ


En Vila Laura quixemos celebrar a paz cantando e bailando para facer visible o que todas as crianzas do mundo queren: UN MUNDO SEN VIOLENCIA.


CARANGOENTROIDO 2016

lunes, 8 de febrero de 2016

O ENTROIDO MOVE O CORPO

OS PINGÜINS SEGUIMOS CO NOSO PROXECTO DOS TRANSPORTES, POR ISO NESTE ENTROIDO DISFRAZAMONOS DE SINAIS DE TRÁFICO.
PASOS A NIVEL, SINAIS DE PROHIBIDO E TAMÉN SEMÁFOROS MOI, MOI MARCHOSOS.
NAS FOTOS PODEDES VER O BEN QUE O PASAMOS TAMÉN OS DÍAS PREVIOS CO NOSO OBRADOIRO DE MAQUILLAXE , E AS ORDES DOS ÚLTIMOS DÍAS DA MECA.
A MOVER O CORPO...!!!!
O ENTROIDO MOVE O CORPO on PhotoPeach

UN ENTROIDO PIRATA NA AULA DOS ASTRONAUTAS

Os astronautas estamos motivadííísimos co proxecto dos Piratas, así que, como non, no Entroido tocaba disfrazarse de ... PIRATAS. Todos diferentes e todos iguais. Uns piratas moi fermosos e un día estupendo!!!

viernes, 5 de febrero de 2016

TALLER DE COCIÑA NA AULA DAS ABELLIÑAS

Esta semana estamos mergullados no entroido pero non esquecimos o proxecto dos transportes e fixemos onte uns semáforos riquísimos!!!! moi doados de facer....aquí tedes as fotos que o confirman....


miércoles, 3 de febrero de 2016

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

OS PINGUS ARRINCAMOS A SEMANA DO ENTROIDO CUNHA CHOCOLATADA ORGANIZADA POLA ANPA.
E HOXE, QUE VIÑEMOS MOI PREPARADIÑOS CO MANDIL, DECIDIMOS ELABORAR UNS SEMÁFOROS DE CHOCOLATE NUN DELICIOSO OBRADOIRO DE COCIÑA...ESTABAN PARA CHUPAR OS DEDOS.


martes, 2 de febrero de 2016

CONSTRUINDO UN VERMICOMPOST--AULA 7

Na aula dos Astronautas, dentro do proxecto da Horta, construimos un Vermicompost.
Aprendimos mogollón e o pasamos fenomenal. 
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a free slideshow

lunes, 1 de febrero de 2016

MUSEO DO MAR DE VIGO

Os Piratas e os Astronautas de 5 anos de Vila Laura visitan o museo. Aprendimos un montón de cousas relacionadas co mar e os animais e o pasamos en grande.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A photo slideshow by Smilebox

AS ABELLIÑAS CELEBRAN A PAZ

Esta semana as Abelliñas estivemos tiveron moitas tarefas relacionadas co Día da Paz, como obreiras que somos traballamos un montón, fixemos xunto cos Caranguexos o mural de "Niña con Paloma" de Picasso, uns colgantes co símbolo da Paz e preparamos a canción que iamos cantar no patio. Aquí tedes fotos de todo o feito e o ensaio.