jueves, 26 de mayo de 2016

O outro día, Pingüíns, Xiragas, Caranguexos e Abelliñas aprendimos moitas cousiñas sobre o mar e os peixes gracias a Alex, Biólogo Mariño que traballa no Instituto de Investigación Mariñas de Vigo.
Aprendimos en primeira instancia que era un ciéntifico e a que se adican, nos medimos coma se foramos peixes, e vimos: Estrelas de mar, Cabaliños de mar, un pico do Peixe Espada e unha Caracola. Dos cefalópodos coñecemos a Pota, o Calamar, a Sepia e o pico e a lingua do Polbo.
vimos o ovo do Tiburón "pintaroja" e outro dunha manta raia e as barbas dunha balea.
Tocamos un fósil dun dente dun Tiburón prehistórico e dun Tiburón tigre.
E impresionounos moito a boca dun Tiburón Marrajo!!!!Cantos dentes tiña!!!


miércoles, 25 de mayo de 2016

VOGA, VOGA MARIÑEIRO

OS PINGUS FOMOS DE EXCURSIÓN Ó MUSEO DO MAR E PASAMOLO XENIAL.
PUIDEMOS VISITAR O ACUARIO ,CHEO DE RAIAS, ROBALIZAS, CENTOLOS, LANGOSTAS E UN MONTÓN DE ESPECIES DAS RÍAS BAIXAS.
TAMÉN NOS CONTOU A HISTORIA DE XOÁN MARIÑO E PUIDEMOS PRACTICAR A PESCA CON CAÑA...MIRADE CANTOS XURELES E OLLOMOLES PESCAMOS!!!
E POR ÚLTIMO REMAMOS E REMAMOS PARA QUE NON NOS PILLASEN OS TIBURÓNS.
AQUÍ VOS DEIXO AS FOTIÑOS... VOGA, VOGA MARIÑEIRO on PhotoPeach

sábado, 21 de mayo de 2016

OS ASTRONAUTAS TRANSPLANTAN TOMATEIRAS

OS ASTRONAUTAS APRENDERON A TRANSPLANTAR TOMATEIRAS COA PROFE CHUS. CANTAS EXPERIENCIAS NA HORTA DO COLE!!!! ESTES ASTRONAUTAS VAN SAÍR LABREGOS E LABREGAS!!!

jueves, 19 de mayo de 2016

AS MATES TAMÉN PODEN SER MOI DOCES...

OS PINGUS SEGUIMOS TRABALLANDO CONCEPTOS MATEMÁTICOS .NESTA OCASIÓN FIXEMOS FINCAPÉ NO "TANTOS COMO" E NO CONTEO (QUE É A BASE DAS OPERACIÓNS ARITMÉTICAS)
NESTAS FOTIÑOS PODEDES VER COMO O FIXEMOS.
CLARA, A NOSA PINGÜINA ,TIÑA MOITA FAME ASÍQUE DECIDIMOS ALIMENTALA CUNS PEIXIÑOS DE GALLETA.
CADA UN DE NÓS TIÑA QUE DARLLE TANTOS PEIXES COMO....
-COMO PINZAS LEVABAN NO PELO.
-COMO DEDOS TIÑAN NUNHA MAN.
-COMO VENTÁS HAI NA CLASE...
FOI SUPER DIVERTIDO .UNHA VEZ QUE REMATAMOS REPARTIMOS "UN PAR" DE PEIXIÑOS A CADA NENO/A E PUIDEMOS VER QUE NA BANDEXA SOBRABAN AÍNDA PEIXES.
ASÍ QUE PENSAMOS QUE PODIAMOS REPARTIR OUTRO MÁIS A CADA UN .
DESTE XEITO TRABALLAMOS TAMÉN A ESTIMACIÓN. 
 QUÉ DIVERTIDAS SON AS MATES! 1,2, 3 PEIXIÑOS E VOLVEMOS A EMPEZAR on PhotoPeach

martes, 17 de mayo de 2016

VARIAS ENFERMEIRAS DE HOSPITAIS DE VIGO ADICÁRONNOS A MAÑA DO VENRES PARA ENSINARNOS ALGUNHAS NORMAS DE COIDADO PERSOAL E ACHEGARNOS O MUNDO DA MEDICINA Á NOSA ESCOLA.  MOITAS GRAZAS A TODAS!!!



domingo, 15 de mayo de 2016

O LUNS ACODIMOS A UN CONCERTO DE MAMA CABRA QUE SE CELEBROU NA FUNDACIÓN.  PASÁMOLO XENIAL!!!!  


jueves, 12 de mayo de 2016

TARTALETAS DE ACELGA

Despois de prantar e coidar!!! chegou o momento de recoller. Fomos a horta a coller as acelgas. As preparamos e fixemos as tartaletas de acelgas. O pasamos fenomenal. Estaban boísimas.
Esperamos que vos guste!!!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free digital slideshow

martes, 10 de mayo de 2016

Grazas ao esforzo que fixemos as crianzas, familias e mestras, o noso traballo sobre Cervantes e a súa obra, polo día do libro, foi recollido na revista cultural Foros 21.  Grazas a todos/as!!!


 


domingo, 8 de mayo de 2016


ESTE ANO ADICAMOS O DÍA DO LIBRO A UN GRANDE DA LITERATURA ESPAÑOLA, CERVANTES.  DURANTE TODA A SEMANA, NUMEROSAS FAMILIAS VOLUNTARIAS ACHEGÁRONSE AO COLE PARA DARNOS A SÚA VISIÓN SOBRE A OBRA DESTE AUTOR, MEDIANTE O DEBUXO, ALFARERÍA, TEATRO, LECTURA...  AS CRIANZAS ESTABAN APAIXOADAS COA VOSA DEDICACIÓN.  GRAZAS A TODOS/AS!!!!

jueves, 5 de mayo de 2016

COMO SE FORMA A AREA DA PRAIA?

Unha vez máis as mamás quixeron participar directamente no proxecto do mar no que estamos a traballar AS ABELLIÑAS neste trimestre,; nesta ocasión, Ana, a mamá de Xiana quíxonos explicar cómo se forma a área da Praia. Dunha maneira sinxela entenderon perfectamente cales son as condicións esenciais para este proceso. Puideron tocala e buscar tesouros e remataron vendo a Xiana nunha Gamela explicándonos onde está a proa, popa....e ensinándonos algo fundamental: o chaleco salvavidas!!!

AS ABELLIÑAS NO FONDO DO MAR

Seguimos mergullando no fondo do mar e Flor, a mamá de Vera, estivo na aula facéndonos unha estupenda clasificación do mundo mariño. Mostrounos con apoio visual os distintos grupos: Equinodermos (Estrelas de mar, Ourizos.....precioso o "Dólar de area", Esponxas, Vermes, Cnidarios (corais, medusas), Crustáceos (caranguexos, percebes, camaróns, pulga), Moluscos (vivalvos, gasterópodos, cefalópodos), Moluscos sen cunchas.... ;Vimos exemplos de peixes, algunha das súas características... reptiles, aves e mamíferos mariños.....e cómo non, explicounos como debemos protexer as especies mariñas, recordounos o que non debemos tirar ao mar e o que acontece cando os peixes están en contacto co lixo. Vimos unhas imaxes sorprendentes!!!