Este venres tivemos unha contacontos que nos fixo adentrarnos dentro do libro U-la Lúa?, para tal ocasión vestímonos toda a escola coas nosas camisetas pola Igualdade. Este conto fálanos do amor, a familia e a amizade, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.
▼
domingo, 26 de enero de 2020
jueves, 23 de enero de 2020
Postal de Pingüi
Estes días pasados recibimos unha postal de PINGÜI. Por fin confirmamos as nosas sospeitas.
Como ben podedes ler, o noso amigo foi visitar á súa familia á ANTÁRTIDA. Sabedes onde é? Alí viven tamén outros animais, a ver se investigades qué outros animais podemos atopar no POLO SUR!
Frontal da postal
Reverso da postal
E así foi como comezamos a saber un pouco máis desta temática. Coñecer o noso planeta, identificar con cores o mar, a terra e os polos xeados, así como o camiño que tivo que percorrer o noso amigo ata chegar a ese lugar tan remoto!!
miércoles, 22 de enero de 2020
Primeiras aportacións á aula de 3 anos - B
Hoxe a nosa compañeira ALMA trouxonos á aula as primeiras aportacións dende a casa para o noso proxecto dos Polos. Desta forma, ALMA contounos cousas acerca dos PINGÜÍNS, qué comen, cómo se reproducen e que existen moitos tipos diferentes de pingüíns! Qué curioso!
Grazas pola vosa aportación!!
Traballo feito na casa sobre o PINGÜÍN
Explicación do OVO
Fermoso conto sobre o Pingüín Marcelino
sábado, 18 de enero de 2020
Na aula de 3 ANOS - B comezamos a traballar as nosas EMOCIÓNS, a coñecelas e, pouco a pouco, a identificalas nos demáis e en nós mesmos.
Partimos do conto "O monstro de cores" para seguir incorporando novas emocións ao longo do curso.
E como dí este relato, comezamos a "encher os botes" coas emocións que sentíamos hoxe durante a nosa asemblea diaria. A continuación pintamos o noso particular monstro de cores acorde coa emoción escollida.
E ti,... como te sintes hoxe?
Botes de cores na nosa asemblea
Intre no que un alumno pon a súa emoción dentro do bote correspondente
Monstros de cores na aula
viernes, 17 de enero de 2020
Aniversario de Andrew
Onte xoves conmemorouse na aula de 3 ANOS-B o aniversario de ANDREW que cumpríu connosco 4 ANOS.
MOITAS FELICIDADES ANDREW
miércoles, 15 de enero de 2020
Estes días pasados apareceron na aula de 3 ANOS-B unhas pisadas laranxas.
Despois de facer as nosas hipótesis, descubrimos que eran as pegadas do noso PINGÜÍN que marchou. O caso é... para onde foi? por qué? e moitas outras dúbidas que trataremos de despexar nos vindeiros meses!!
Comezamos co PROXECTO DOS POLOS!! Animádesvos a participar? Todas as vosas aportacións serán ben recibidas!
Despois de moito cavilar, decidimos ver as cámaras de seguridade do centro e... queredes ver o que atopamos? A continuación vos deixamos o vídeo!
martes, 14 de enero de 2020
Elaborando colares
O alumnado da aula de 3 ANOS - B están a traballar dende fai tempo na súa motricidade grosa e fina. Unha actividade moi aconsellable é a de "coser" (ensartar) e a motivación consiste en elaborar bonitos colares cos que despois andan pola aula.
A continuación podedes ver unhas mostras da nosa aula acompañadas de fermosos sorisos!
jueves, 9 de enero de 2020
ANIVERSARIO DE LÚA E EDGAR
Hoxe conmemoramos na nosa aula os aniversarios de LÚA e de EDGAR que cumpriron 4 ANOS, os primeiros en cumprir neste 2020!
Cantamos as xa tradicionais cancións de "cumpreanos feliz" en castelán e inglés, e degustamos un rico biscoito e unhas deliciosas magdalenas!!
MOITAS FELICIDADES EDGAR E LÚA