miércoles, 26 de noviembre de 2025

25 N

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller  contamos contos, traballamos vágoas contra a violencia de xénero, o que está mal fronte ao que está ben...e penduramos as vágoas nas cordas creando a nosa obra de arte






 

O NOSO MAGOSTO




 

COÑECENDO A YAYOI KUSAMA

Unha das actividades propostas dende a Biblioteca e coñecer a Yayoi Kusama que ten este rinconciño na nosa Biblio e que se traballou ademáis no magosto. Os nenos e nenas de 5º de Infantil profundizamos un pouquiñio na súa vida e nas súas obras e logo elaboramos o noso propio cadro usando a súa técnica.











 

martes, 18 de noviembre de 2025

Para celebrar o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial a aula das abelliñas fixeron un podcast describindo algunhas palabras relacionadas co magosto e ao mesmo tempo elaboramos un libriño onde as recoñemos e quedará na biblioteca para a súa visualización.

Se clicades na imaxe podedes escoitar o podcast.

O tedes tamén na páxina web do cole.



domingo, 16 de noviembre de 2025

Proxecto de horta escolar en Vila Laura

 Tedes toda a información do proxecto na Web do cole, se clicades na imaxe podedes vela tamén.



miércoles, 29 de octubre de 2025

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Co gallo do Día Internacional das Bibliotecas en España inauguramos a nosa biblioteca escolar para este curso 2025-2026 da man da Mestra Mari da clase dos Astronautas que nos interpretou o marabilloso conto Aurelio.

Neste encontro coas familias  os cativos fixeron marcapáxinas co morcego Aurelio, pintamos ao noso Plumas impreso en 3D para facer un chaveiro con el, seguimos o camiño das grafías das letras con pedriñas e usuando as pinzas intentamos atopar cada letra e gardala na súa casiña.

E desde logo, lemos contos, contos en familia. 



 

martes, 28 de octubre de 2025

A NOSA BIBLIOTECA POLO SAMAÍN




 

Visita dos maiores ao Museo Liste

 
Os rapaces e rapazas de 5º de Educació Infantil visitamos o Museo Liste e decubrimos as orixes do Samaín, unha festa Celta de hai máis de 2000 anos. Adentrámonos nun túnel terrorífico en busca de tesouros aterrecedores para levar á tumba e fixemos a nosa árbore chea de pantasmas, cabazas, morcegos...