jueves, 14 de diciembre de 2023
miércoles, 29 de noviembre de 2023
25 N en Vila Laura
Un ano máis celebramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres a través das seguintes actividades:
- Decorando a biblioteca de cor violeta e representativo do 25N- A profesora Anuska escenificoulles o conto de "Arturo e Clementina" adaptándoo a cada idade dunha maneira moi sinxela para que o entendera, unha magnifica actuación que lles encantou.
- Pintaron un papel con fondo violeta sobre o que debuxaron a muller máis importante da súa vida.
- Decoramos os corredores cun mural poñendo como centro o símbolo contra a violencia de xénero e unindo todos os anteriores debuxos cun fío morado representando a unión que temos que facer entre todos para axudar a que esa violencia desaparezca.
- Levaron un lazo morado no pulso onde pegaron unha pegatina ou escribiron "25N"
- Visitamos tamén a biblioteca para ler contos relacionados co tema.
martes, 28 de noviembre de 2023
Carreiras Populares
Co gallo de fomentar o deporte, a vida sana e a boa alimentación (dentro do noso Plan de actividades físicas e hábitos saudables), dende a nosa Escola animámosvos a participar en actividades deportivas, como as carreiras populares que se organizan dende o Concello de Vigo, entre outras.
Fai uns días, coincidindo coa proba deportiva da media maratón de Vigo, houbo carreira tamén para os máis pequenos da casa. A EEI Vila Laura tivo unha fermosa representación coa participación de parte do noso alumnado onde correron, disfrutaron, e levaron para a súa casa unha máis que merecida medalla.
O vindeiro domingo 3 de decembro tendes unha nova oportunidade de participar. Alí nos veremos.
Tedes máis información no seguinte enlace: https://magmasports.es/es/evento/peques
martes, 21 de noviembre de 2023
jueves, 16 de noviembre de 2023
lunes, 13 de noviembre de 2023
lunes, 6 de noviembre de 2023
miércoles, 1 de noviembre de 2023
Espectáculo de monicreques en Vila Laura
Os nen@s de 6º de Infantil asistiron na biblioteca a unha representación con monicreques sobre o pintor Laxeiro. Encantoulles, pasáronno moi ben.
sábado, 21 de octubre de 2023
martes, 20 de junio de 2023
lunes, 19 de junio de 2023
Recomendacións para o verán
Dende o centro escolar vos deixamos a continuación unhas recomendacións con actividades para o verán para desenvolver en familia.
Esperamos que lle saquedes partido e disfrutedes todos xuntos/as!!
Podedes descargalo /visualizalo premendo no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/1-rNTNG26cUjeoCnWv4A9lpVak98kGjvg/view?usp=sharing
E a disfrutar do verán!!
Vémonos en setembro!!
martes, 6 de junio de 2023
Visita do alumnado de 1º do CEP Fleming
Fai uns días que recibimos a visita do noso ex-alumnado, nenas e nenos que hoxe están no primeiro curso do CEP Fleming.
Tanto elas/eles coma nós, desexábamos esa visita: volvernos a ver, que poidesen disfrutar do novo patio, compartir momentos,...
Dúas aulas viñeron en cadanseu momento a representar na biblioteca un pequeno conto:
E as outras dúas aulas viñeron a contarnos un conto en pequeno grupo a todo o alumnado de 3 anos.
O acabar as actividades programadas, tanto o alumnado de primeiro curso como o noso alumnado de 4º educ. infantil, disfrutamos todos xuntos dun momento de convivencia e xogos no noso patio novo.
Agradecer dende aquí a visita do alumnado do CEP Fleming e ás súas titoras por compartir estes marabillosos momentos.