miércoles, 29 de noviembre de 2023

25 N en Vila Laura

Un ano máis celebramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres a través das seguintes actividades:

- Decorando a biblioteca de cor violeta e representativo do 25N
-  A profesora Anuska escenificoulles o conto de "Arturo e Clementina" adaptándoo a cada idade dunha maneira moi sinxela para que o entendera, unha magnifica actuación que lles encantou.
- Pintaron un papel con fondo violeta sobre o que debuxaron a muller máis importante da súa vida.
- Decoramos os corredores cun mural poñendo como centro o símbolo contra a violencia de xénero e unindo todos os anteriores debuxos cun fío morado representando a unión que temos que facer entre todos para axudar a que esa violencia desaparezca.
- Levaron un lazo morado no pulso  onde pegaron unha pegatina ou escribiron "25N"
- Visitamos tamén a biblioteca para ler contos relacionados co tema.
- Finalmente despedimos o día 25 cantando todos xuntos no patio "A porta Violeta" de Rozalén en colaboración coas Tanxugueiras.


Clicar na imaxen ou no enlace de abaixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario