sábado, 30 de marzo de 2019

XIÁN PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

A Xián acompañárono os seus pais, trouxeron un montón de cousas de cando era cativo e mostráronnos a súa familia con fotos, os seus gustos e afeccións. Disfrazouse de mago xa que lle encanta a maxia e mostrounos un dos seus xoguetes preferidos, unha máquina de xeados de plastilina, encántalle a plasti!!! Aproveitando que estamos inmersos no proxecto científico, fixo un disco de Newton que nos encantou manexar e regalounos para despedir a semana unhas gomis e unha careta da patrulla canina.

MOITAS GRAZAS MAMÁ E PAPÁ POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

domingo, 24 de marzo de 2019

ANDRÉS PROTAGONISTA DA SEMANA!!!


A nai de Andrés acompañouno para explicarnos todo o que lle gusta e o que non, leeunos un conto de superhéroes que lle encantan,  e presentounos cousiñas de cando era máis pequeno, polo que o coñecimos un pouquiño máis. 

Grazas mamá pola túa participación.

martes, 12 de marzo de 2019

ENTROIDO DE CONTO

Este ano adicado aos contos tradicionais, decoramos o cole e os traballamos máis detalladamente en cada aula e  lucindo cada día o que nos mandaba o meco.
O xoves, o día do desfile, enchemos de color e ilusión o patio disfrazados de: Ratiña Presumida, Carapuchiña Vermella, Alicia no País das Marabillas, Peter Pan e o Mago de Oz.




COMENZA O ENTROIDO EN VILA LAURA

Comenzamos a semana do entroido cunha visita espectacular, estabamos todo o alumnado no patio cando fixo a súa entrada dous cigarróns!!! menudo susto levamos.
Emilia e o seu pai ensináronnos como desfilan polas rúas de Verín, e  explicáronnos con detalle os distintos elementos dos traxes feitos a man, a súa carouta, e para que usaban o seu látigo.