miércoles, 29 de mayo de 2013

OS VERDES CROCODILOS TAMÉN COMEN VERDE! (fai clic abaixo e nas fotos)

LEITUGA, LEITUGA?
QUEN DIXO MEDO Á LEITUGA!

SESIÓN DE CONTACONTOS

A editorial Kalandraka estivo na biblioteca da nosa escola para contarnos dous contos preciosos:

                   "O soño de Matías"   e   "Grissela"

Asemade, o ilustrador dos contos debuxou aos protagonistas dos mesmos.

Desta sesión de contacontos poideron disfrutar as nenas e nenos de 5 anos.

Espero que vos gusten as súas cariñas de sorpresa e ilusión
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow customized with Smilebox

CONTACONTOS: "GRISSELA"

O ilustrador debuxa as ilustracións do conto mentras a narradora conta o conto de "Grissela"
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Create your own scrapbook

SESIÓN DE CONTACONTOS


Presentamos o vídeo do ilustrador do conto "O soño de Matías"  que estivo na nosa escola nunha sesión de contacontos a que asistiron os nenos e nenas de 5 anos.
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Customize your own free digital scrapbooking design

lunes, 27 de mayo de 2013

GOLFIÑOS E ABELLIÑAS VISITAN O GADIS

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow customized with Smilebox

miércoles, 22 de mayo de 2013

VIII EXPOSICIÓN: "VAI DE... MATEMÁTICAS"

Coa colaboración das familias e das mestras realizamos esta exposición onde recollemos os traballos realizados sobre os temas deste curso:
           As matemáticas e Roberto Vidal Bolaño
Moitas grazas.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow customized with Smilebox

lunes, 20 de mayo de 2013

OS ESQUELETOS

AS ABELLIÑAS E OS CROCODILOS

PREPARAN A CANCIÓN


sábado, 18 de mayo de 2013

AS ABELLIÑAS COÑECEN A ROSALÍA DE CASTRO

O ESCRITOR MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ, CO GALLO DO 150 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA EDICIÓN DE CANTARES GALLEGOS, ACHEGOUNOS A ROSALÍA DE CASTRO DUNHA MANEIRA SINXELA, RECREANDO TEXTOS PROPIOS E DA PROPIA ROSALÍA. ESTIVEMOS MOI ATENTOS, VIMOS ALGÚN CONTO, ESCOITAMOS POEMAS E INTERPRETAMOS ALGÚN DELES. ENCANTOUNOS A ACTIVIDADE.

jueves, 16 de mayo de 2013

VISITA AOS BOMBEIROS

Esta semana realizamos unha visita didáctica ao PARQUE DE BOMBEIROS de Porriño.
A visita estructurouse en dúas partes:
  • O interior do edificio onde visitamos as dependecias onde organizan a súa vida, xa que fan quendas de 24 horas. Teñen ximnasio, habitacións, cociña, sala de TV, onde vimos dous documentais coas nocións básicas sobre como actuar en caso de incendio. Recordade 112: 1 boca, unha nariz e 2 ollos. E debemos saber a dirección da nosa vivenda. Tamén visitamos a dependencia onde organizan, planifican e coordinan todo o traballo en caso de emerxencia.
  • No exterior ensináronnos as ferramentas fundamentais de traballo: bombas de auga, mangueiras, tixeiras e tenazas xigantes e pesadísimas, bombonas de oxíxeno,... e por suposto a súa vestimenta ( botas, casco, guantes, mascarilla,...)e os distintos tipos de camións.
  • E por si fora pouco fixeron algunhas demostracións no ximnasio, baixando a cucaña, subindo a corda,... UN GRAN APLAUSO PARA TODOS ELES.
A actividade desenvolveuse facendo fincapé na importancia de levar unha vida saúdable e facer exercicio físico, ademáis de ser moi organizado para desenvolver o TRABALLO DUN BOMBEIRO.

O pasamos moi ben apagando lume  coas mangueiras e paseando no camión de bombeiros.
Moitas grazas aos bombeiros pola súa dedicación e polo seu tempo.
Click to play this Smilebox photo album
Create your own photo album - Powered by Smilebox
This photo album generated with Smilebox

lunes, 13 de mayo de 2013

VISITAMOS O FLEMING

O venres 10 de maio tivemos a gran sorte de ir ao cole onde estaremos o vindeiro curso. 
As mestras e mestres e os nenos e nenas recibíronnos con moito agarimo e ilusión. Pasámolo moi ben participando cos maiores de Fleming. 
Moitas grazas e ata a próxima!!!