jueves, 23 de marzo de 2023

Adiviñas en galego

A pasada semana levamos a cabo a semana das ADIVIÑAS en galego, unha forma máis de potenciar a expresión oral do noso alumnado na Lingua Galega.

Tras recitar cadansúa adiviña na aula, puxémolas en común, por niveis, na biblioteca do centro ao remate da semana. Todo un éxito!! E o ben que o pasamos tratando de adiviñar qué era cada unha delas!!

Agradecer dende aquí ás familias pola súa colaboración e implicación nesta actividade complementaria.

A continuación vos deixamos unha representación de imaxes por niveis das exposicións na nosa biblioteca:






















miércoles, 22 de marzo de 2023

APORTACIÓNS AO PROXECTO

Hoxe o noso compañeiro LEO trouxo á aula material relacionado co noso proxecto. Neste caso, falounos e explicounos características dos PINGÜÍNS: cómo se reproducen, qué comen,...


Non só aportan ao proxecto información senón que detrás deste tipo de actividades, os nenos/as, contándonos o que fixeron en familia na casa, favorecen a memoria e a expresión oral, van perdendo a súa vergoña, séntense importantes ao ser o centro de atención, e isto tamén repercute na súa autoestima e no seu benestar afectivo, entre outros moitos aspectos.


GRAZAS LEO pola vosa aportación ao grupo!!





martes, 21 de marzo de 2023

A PRIMAVERA

Hoxe na aula dos PINGÜÍNS, co gallo de conmemorar o comezo da PRIMAVERA, levamos a cabo a nosa habitual asemblea no patio da nosa escola.





lunes, 20 de marzo de 2023

CELEBRANDO O DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar este gran día as familias axudáronnos a buscar mulleres traballadoras relacionadas coa música, co deporte e coa arte (pintoras e escultoras). Recollidas todas os nenos/as as pegaron nun mural que deixamos nos corredoiros.