domingo, 24 de febrero de 2019

DAVID PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

David tróuxonos unha caixa chea de recordos de cando era máis pequeno e nos ensinou tamén algún dos xoguetes que lle gustaban e cos que xoga agora. A súa nai acompañouno un día e nos dixo algunha cousiña máis e contounos un dos contos preferidos de David,  presentándonos a súa familia a través das fotos e relatándonos algunha que outra anécdota.

GRAZAS MAMÁ POLA TÚA PARTICIPACIÓN.


jueves, 21 de febrero de 2019

CARLOS PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Carlos tróuxonos varias cousas de cando era bebé, de entre elas un pixama que herdou da súa nai e da súa tía e os seus xoguetes favoritos como Rayo Mcqueen, o Capitán América e o dinosaurio T-rex. Nos ensinou algunha das cousas que fixo estando na guardería, como un micro e unha guitarra que usou na clase ao son dunha das canción preferidas, "I´m so happy". Tamén nos mostrou como se prepara unha das bebidas preferidas, o roiboos e unhas magdalenas que probamos todas as abelliñas.
A súa nai veu visitarnos e nos ensinou entre outras cousas fotos da familia, nos leeu un conto e nos demostrou como os pétalos das flores de papel abren ao estar en contacto con auga ( está no vídeo dos experimentos).
Despedimos a semana cos trailers escollidos por Carlos: "El malvado zorro feroz", Cars 2 e "Abejas"

GRAZAS MAMÁ POLA TÚA PATICIPACIÓN.


domingo, 17 de febrero de 2019

SEGUIMOS COS EXPERIMENTOS NA AULA DAS ABELLIÑAS

Os pais de Noela, a nai de Alanna, o pai de Xián e Mateo Garín nos mostraron uns cantos experimentos:


  1. Escribimos unha  mensaxe secreta cunha vela
  2. Nos ensinaron como facer un estetoscopio caseiro
  3. E cun espello e luz vimos a descomposición da luz en cores
  4. Descubrimos como facer a tinta invisible
  5. Aprendimos a facer o disco de Newton
  6. Ensináronnos como queda un papel pintado con espuma de afeitar e colorante.

O MARABILLOSO MUNDO DOS ASTRONAUTAS

ALBERTO, O PAPÁ DE MARÍA, VISITOUNOS PARA CONTARNOS UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE OS ASTRONAUTAS, A SÚA VIDA E OUTRAS MOITAS CURIOSIDADES.
APRENDIMOS: 
- QUEN SON OS ASTRONAUTAS.
- CALES SON AS CONDICIÓNS QUE TEÑEN QUE CUMPRIR PARA ESTAR NO ESPAZO.
- QUE CONSECUENCIAS FÍSICAS PODE TER UN ASTRONAUTA NO ESPAZO.
- HAI MÁIS MULLERES OU HOMES ASTRONAUTAS E CAL É A RAZÓN. 
- QUEN FOI O PRIMEIRO ANIMAL QUE VISITOU O ESPAZO.
- QUEN FOI O PRIMEIRO HOME E A PRIMEIRA MULLER QUE FIXO UNHA VIAXE AO ESPAZO. E O PRIMEIRO ASTRONAUTA ESPAÑOL.
- COMO FAN AS SÚAS NECESIDADES.
- COMO SE DUCHAN.
- PODEN COMER SAL E AZUCRE.
- PODEN DURMIR CON FACILIDADE.
ESTIVEMOS MOI ATENTOS, POLO QUE SOUBEMOS RESPONDER AS SÚAS PREGUNTAS.
REMATAMOS BAILANDO A CANCIÓN DE "LAIKA" DE MECANO, UNHA DAS NOSAS PREFERIDAS.
GRACIAS ALBERTO POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS!!

COHETES COOPERATIVOS NA AULA DOS ASTRONAUTAS

DA MAN DE ADRIANA, A MAMÁ DE DIEGO, OS ASTRONAUTAS CONVERTÍMONOS POR UN MOMENTO EN ENXEÑEIROS AEROESPACIAIS: DESEÑAMOS, CREAMOS, DECORAMOS COHETES, MESMO INVENTAMOS UN NOME PARA CADA COHETE. TODO ISTO FIXÉMOLO DE XEITO COOPERATIVO, TENDO EN CONTA DÚAS PREMISAS: TODOS/AS TIÑAMOS QUE PARTICIPAR E TODOS/AS TIÑAMOS QUE POÑERNOS DE ACORDO. AO REMATAR, CADA EQUIPO EXPUSO O SEU TRABALLO AO RESTO DOS ASTRONAUTAS. 
A TRAVÉS DESTA ACTIVIDADE, FOMENTOUSE A RECICLAXE, APRENDIMOS A TRABALLAR DE MANEIRA COOPERATIVA, A RESOLVER CONFLITOS, A FALAR EN PÚBLICO, E A IDEA FUNDAMENTAL: PARA PODER ELABORAR ESTES COHETES, TODOS FOMOS IMPORTANTES!!!
DESPOIS DE TANTO TRABALLO, CADA ASTRONAUTA CONSEGUIU O SEU CARNET. BEN MERECIDO O TIÑAMOS!!!
MOITAS GRACIAS ADRIANA POR COLABORAR!!!
PREMER EN "LEER MÁS" PARA VISUALIZAR O VÍDEO.

miércoles, 13 de febrero de 2019

VISÍTANOS O NOSO ALCALDE ABEL CABALLERO

A semana pasada tivemos unha gran visita que desde que o soubemos non nos daba chegado o día!!!!
Visitounos o noso Alcalde, Abel Caballero. Recibímolo todos xuntos no corredor do cole ao son da canción Campás pola Paz contentos á vez que excitados pola visita.


CHARLA DUNHA VIDA SAUDABLE NA AULA DAS ABELLIÑAS

Irene, a nai de Noa veu a aula a falarnos da vida saudable, de todo o que temos que facer para estar sans e como non explicounos que temos ter unha dieta san, que alimentos deberíamos comer e os que non....e que o máis importante e que ten que ser variada .
Tróuxonos unha dentadura e explicounos moi ben como deberiamos de cepillar os dentes.

MOITAS GRAZAS MAMI, APRENDIMOS UN MONTÓN DE COUSAS

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4 ANOS VISITAMOS UN LABORATORIO


Esquíos, Tartarugas, Xirafas e Abelliñas estamos descubrindo o mundo científico a través de experimentos, investigando sobre a vida dos científicos e dos seus descubrimentos. Visitamos os laboratorios do Instituo O Castro, o de bioloxía e xeoloxía, e o de física e  química. Ensináronnos como traballan os científicos, os materiais que usan e nos realizaron varios experimentos. Descubrimos distintos minerais, insectos, os osos....

AGRADECEMOS A OPORTUNIDADE QUE NOS DEU O INSTITUTO PARA VISITAR O LABORATORIO.

martes, 12 de febrero de 2019

NOELA PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Empezamos a semana coa visita da avoa de Noela coa que estivo inventando un conto que escribiu e debuxou e que nos ensinaron contándoo na clase. Un traballo moi fermoso que nos gustou moito.
Ao longo da semana a protagonista foinos presentando os seus xoguetes preferidos, ao Polo Pepe que nos encantou, xunto con un montón de cousiñas que nos deu pe a preguntar e saber así un pouco máis de Noela. Os seus pais tamén nos visitaron e a través de fotos e vídeos coñecimos a súa familia e como foi medrando ao londo destes 4 años.

MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA PARTICIPACIÓN

domingo, 10 de febrero de 2019

MATEO GARÍN PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Mateo tróuxonos un montón de cousas de cando era moi pequeno e xunto cos seus pais soubemos todo o que lle gustaba facer e o que non. Presentounos a súa familia a través de fotos e visualizamos uns videos vendo como xoga, baila, ...Ensináronnos, entre outras cousas, que podemos ter unha estrela co noso nome e mostráronnos  unha taboa coa que xoga moito Mateo e que probamos todos. Descubrimos que o noso protagonista quere ser científico e que polo tanto está a disfrutar moito do proxecto que estamos a traballar.
E para despedir o día, bailamos todos xuntos unha das cancións preferidas de Mateo.


OS ASTRONAUTAS OBSERVAN AS ESTRELAS E DESCUBREN CONSTELACIÓNS!!!

ESTE TRIMESTRE OS ASTRONAUTAS ESTAMOS MOI ENTUSIASMADOS CO UNIVERSO.
O MÉRCORES IAGO E A SÚA MAMÁ ANA FALÁRONNOS DAS CONSTELACIÓNS: QUE SON, ALGUNHAS DAS MÁIS IMPORTANTES, QUE OS ANTIGOS AS UTILIZABAN PARA SABER SE AS PERSOAS VÍAN BEN OU NON, INCLUSO A LENDA DUNHA DAS CONSTELACIÓNS MÁIS COÑECIDAS, A OSA MAIOR. 
TAMÉN APRENDIMOS QUE MIRÓ SENTÍA GRAN ADMIRACIÓN POLAS CONSTELACIÓNS, TAL COMO O REFLECTIU NAS SÚAS OBRAS. IAGO ENSINOUNOS ALGUNHAS DELAS E UNHA BOLA QUE XIRABA ...
NÓS TAMÉN FIXEMOS A NOSA PROPIA CONSTELACIÓN!!!
ADEMÁIS, HOUBO ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA ....
DESPEDÍMONOS CUNHA DAS CANCIÓNS FAVORITAS DE IAGO: "LA CANCIÓN DE LOS PLANETAS" DE ENRIQUE Y ANA.
MOITAS GRACIAS ANA POR COLABORAR!!!
PARA VISUALIZAR O VÍDEO, PREMER EN "LEER MÁS"

miércoles, 6 de febrero de 2019

ANDREA GARCÍA PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Os pais de Andrea viñeron visitarnos e trouxéronnos un montón de cousiñas que usaba Andrea de bebé, contáronnos o que lle gustaba e o que non, e presentaron a súa familia a través dunhas fotos que proxectamos. Ao rematar o seu pai que é policía regalounos un libretiña de notas e unha pegatina!!!

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN


domingo, 3 de febrero de 2019

AS ABELLIÑAS CIENTÍFICAS!!!

Neste trimestre mergullámonos na ciencia, estamos coñecendo algúns dos Científicos máis importantes da historia e descubrindo o por que dalguns fenómenos e acontecementos a través dos experimentos. Os pais das abelliñas estan ensinándonos moitos experimentos nos que puidemos comprobar:

  1. A lava dun volcán
  2. Como se inflar un globo con bicarbonato e vinagre
  3. Flores que florecen co contacto da auga
  4. Como pasa a luz a través das cores claras dun globo
  5. Como flota ou non flota unha figura de pataca
  6. Como non se mezclan o aceite e a auga
  7. Vimos como a auga non cae dun vaso ao darlle a volta
  8. Descubrimos a electricidade estática
MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

PARA VISUALIZAR O VIDEO PREMER EN "LEER MÁS"


LILITH PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

A nai e o pai de Lilith viñeron a aula a contarnos cousiñas da súa filla, soubemos como era de pequena, vimos algunha roupa de cando era bebé e coñecémola un pouquiño máis. Leéronnos un conto, Lilith cantou unha das súas cancións preferidas, bailamos, coloreamos os personaxes dos debuxos que máis lle gustan...

GRAZAS MAMÁ E PAPÁ POLA VOSA PARTICIPACIÓN

PARA VISUALIZAR O VÍDEO PREMER EN "LEER MÁS"