domingo, 10 de febrero de 2019

MATEO GARÍN PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Mateo tróuxonos un montón de cousas de cando era moi pequeno e xunto cos seus pais soubemos todo o que lle gustaba facer e o que non. Presentounos a súa familia a través de fotos e visualizamos uns videos vendo como xoga, baila, ...Ensináronnos, entre outras cousas, que podemos ter unha estrela co noso nome e mostráronnos  unha taboa coa que xoga moito Mateo e que probamos todos. Descubrimos que o noso protagonista quere ser científico e que polo tanto está a disfrutar moito do proxecto que estamos a traballar.
E para despedir o día, bailamos todos xuntos unha das cancións preferidas de Mateo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario