martes, 13 de noviembre de 2018

OS ASTRONAUTAS TEÑEN VISITA!!!

RICARDO, O PAPÁ DE VALERIA, VEU Á CLASE DOS ASTRONAUTAS CON MOITAS GANAS DE CONTARLLES DÚAS HISTORIAS PIRATAS. A VERDADE QUE ESTIVERON TODOS/AS MOI ATENTOS... 
ESPERÁBANOS UNHA SORPRESA ESPECIAL: UN DIPLOMA PIRATA DE VERDADE!!! CHAMOUNOS A ATENCIÓN PORQUE ULÍA A.... CAFÉ. RICARDO CONTOUNOS QUE OS PIRATAS O TOMAN PARA NON QUEDARSE DURMIDOS. TAMÉN REGALOUNOS DOUS DEBUXOS DE PIRATAS!!!
MOITAS GRACIAS RICARDO POLA TÚA COLABORACIÓN!!

domingo, 11 de noviembre de 2018

A ABELLIÑA MATEO FERNÁNDEZ PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Os papás de Mateo Fernández trouxeron unha caixa chea de recordos, recordos de cando era máis pequeno, faláronnos de como era Mateo de bebé, do que lle gustaba e o que non. Contáronnos un conto moi chulo dos preferidos de Mateo e bailamos ao son da "Banda dos Cueiros", grupo que lle encanta a Mateo e  do cal se sabe todas as cancións.

GRAZAS MAMÁ E PAPÁ POLA VOSA PARTICIPACIÓN.


martes, 6 de noviembre de 2018

OS ASTRONAUTAS NO SAMAÍN

POLO SAMAÍN TÓDOLOS ASTRONAUTAS CHEGARON A CLASE TERRORÍFICAMENTE GUAPOS/AS. HABÍA ONDE ESCOLLER: ESQUELETOS, BRUXAS, DEMONIOS, ...
APROVEITAMOS ESE DÍA PARA FACER UNHA PROBA DE DANIELA PIRATA: "UNA SOPA MARAVILLOSAMENTE REPUGNANTE". SI, XA VEREDES POR QUE ... FOI TODA UNHA SORPRESA PARA OS ASTRONAUTAS!!
NA MERENDA, PUIDEMOS DEGUSTAR O "BISCOITO PIRATA" QUE TROUXO DIEGO. UUMMMM BOÍÍÍSIMO!!!
E PARA REMATAR, NON PODÍA FALTAR O TRUCO OU TRATO!!!
FOI UN DÍA CHEO DE MOITAS EMOCIÓNS.

lunes, 5 de noviembre de 2018

AS ABELLIÑAS NO SAMAÍN


COÑECEMOS A VIDA DAS ABELLAS

OS PAIS DE MATEO GARÍN viñeron a aula a contarnos moitas cousiñas das abellas, empezando por mostrarnos o seu ciclo da vida: primeiro aparece o ovo, despois a larva, a pupa e a abella. Explicáronnos moi ben o rol de cada membro da colmea e para entendelo mellor trouxeron unha de verdade, os panais e un traxe que probamos todos e por un momento convertímonos en verdadeiros apicultores. Descubrimos que tamén  había colmeas para o polen, onde se colocan e como se recolle o polen.
Trouxeron un libro enorme onde vimos fotos moi chulas de colmeas e traxes e un montón de cousas mais.
E para finalizar déronnos a probar unha mel moi rica que untamos no pan...ummm...deliciosa.

MOITAS GRAZAS MAMÁ E PAPÁ POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!