lunes, 5 de noviembre de 2018

COÑECEMOS A VIDA DAS ABELLAS

OS PAIS DE MATEO GARÍN viñeron a aula a contarnos moitas cousiñas das abellas, empezando por mostrarnos o seu ciclo da vida: primeiro aparece o ovo, despois a larva, a pupa e a abella. Explicáronnos moi ben o rol de cada membro da colmea e para entendelo mellor trouxeron unha de verdade, os panais e un traxe que probamos todos e por un momento convertímonos en verdadeiros apicultores. Descubrimos que tamén  había colmeas para o polen, onde se colocan e como se recolle o polen.
Trouxeron un libro enorme onde vimos fotos moi chulas de colmeas e traxes e un montón de cousas mais.
E para finalizar déronnos a probar unha mel moi rica que untamos no pan...ummm...deliciosa.

MOITAS GRAZAS MAMÁ E PAPÁ POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario