sábado, 28 de marzo de 2026

MULLERES NA ARTE

Co gallo do Dia da Muller este ano seguindo o noso proxecto anual de "ARTEllando en Vila Laura" puxemos o foco en mulleres pintoras vanguardistas, que buscan novas formas de expresión, liberdade creativa e unha experimentacións constante. Seguindo a estas pintoras creamos os nosos propios cadros surrealistas, hiperrealistas, cubistas, dadaistas....

No vídeo podedes visualizar as nosas marabillosas creacións.



martes, 24 de marzo de 2026

Mergullando sobre Grecia e Roma

Nas últimas semanas co proxecto de Grecia e Roma acompañaron ás Abelliñas familias que nos achegaron máis curiosidades e aprendizaxes destas cidades antigas.

Lorena, a nai de Jacobo, falounos dos descubrimentos dalgúns matemáticos como Tales de Mileto que nos ensinou como ver alturas medindo e comparando sombras; Pitágoras, ao que lle entusiasmaban os triángulos e nos deixou o seu Teorema e os números triangulares; Teano que nos dixo como recoñecer os números pares e impares e Hipatia de Alejandría, que inventou o Astrolabio co que podían  recoñecer as estrelas o que o facía importantísimo para a navegación.

Carlota (nai de Hernán) e Gemma (nai de Roque) ensináronnos como se facían os mosaicos, que materiais empregaban e ensináronnos moitos exemplos. Sorprendéronnos!, démonos conta de que temos moitos ao noso arredor
 
Con Irene e Alejandro coñecemos a illa de Sifnos, faláronnos da súa viaxe a Atenas, da deusa Niké á  que se lle atribúe o debuxo da marca, soubemos que o mármore utilizado na Acrópolis provén das canteiras locais, destacando o mármore pentélico. Para finalizar, fixeron un xogo de palabras, descubrindo a orixe e etimoloxía dalgunhas palabras que forman parte do noso vocabulario.

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.



sábado, 21 de marzo de 2026

SEMENTANDO NA HORTA

Unhas veces dentro e outras fora imos traballando na nosa horta!!!

Estes días tocounos facer sementeiras, plantando, abonando, acolchando, regando...




martes, 3 de marzo de 2026

ABELLAS NA ESCOLA

Os nenos e nenas de 6º de educación infantil tiveron unha actividade moi bonita na biblioteca, coñeceron un pouco máis ás Abellas.
Faláronlles da súa morfoloxía, de como é súa evolución pasando polas distintas fases, e unha vez vestido adecuadamente o apicultor, visitamos virtualmente unha colmea...de súpeto apareceu o apicultor cun favo na man!! Puidemos ver unha abella raíña e as obreiras nas celdas, quedamos abraiados!
Explicáronnos o procesado do mel e a súa extración, onde os rapaces puideron darlle voltas ao torno para xirar  e decantar o mel.
Déronnos a probar o polen, o mel e con cera cadaquén fiixo a súa candea.
Encantounos o obradoiro e aprendimos un montón de palabras novas: favo, afumador, enxame, opérculo, pabilo, cazapolen, piqueira, apicultor...





domingo, 1 de marzo de 2026

DESCUBRINDO OS CARBALLOS

Visitamos a Carballeira da Guía acompañados da asociación de veciños de Teis que nos levaron a única carballeira urbana de Vigo con árbores casi centenarios. Nese escenario, plantamos por grupos un carballo, fixemos o burato, engadímoslle o abono e con moito coidado plantamos á pequena árbore. 
Ensináronnos tres vacalouras, dous machos e unha femia e puidemos ver algúns insectos, bichos bola vermes, volvoretas e paxaros como paparrubios. 
Despois fixemos unha pequena ruta polo monte para explicar os traballos que se están realizando de eliminación de especies exóticas invasoras (acacias e eucalipto), e da recuperación do bosque autóctono. Nós contribuimos neste senso lanzando bombas de sementes