Nas últimas semanas co proxecto de Grecia e Roma acompañaron ás Abelliñas familias que nos achegaron máis curiosidades e aprendizaxes destas cidades antigas.
Lorena, a nai de Jacobo, falounos dos descubrimentos dalgúns matemáticos como Tales de Mileto que nos ensinou como ver alturas medindo e comparando sombras; Pitágoras, ao que lle entusiasmaban os triángulos e nos deixou o seu Teorema e os números triangulares; Teano que nos dixo como recoñecer os números pares e impares e Hipatia de Alejandría, que inventou o Astrolabio co que podían recoñecer as estrelas o que o facía importantísimo para a navegación.
Carlota (nai de Hernán) e Gemma (nai de Roque) ensináronnos como se facían os mosaicos, que materiais empregaban e ensináronnos moitos exemplos. Sorprendéronnos!, démonos conta de que temos moitos ao noso arredor
Con Irene e Alejandro coñecemos a illa de Sifnos, faláronnos da súa viaxe a Atenas, da deusa Niké á que se lle atribúe o debuxo da marca, soubemos que o mármore utilizado na Acrópolis provén das canteiras locais, destacando o mármore pentélico. Para finalizar, fixeron un xogo de palabras, descubrindo a orixe e etimoloxía dalgunhas palabras que forman parte do noso vocabulario.
Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario