lunes, 27 de febrero de 2017

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS NA CLASE DOS ASTRONAUTAS

ESTE TRIMESTRE ARRANCAMOS CUN NOVO PROXECTO SOBRE, ... AS EMOCIÓNS!!!
O CONTO "O MONSTRO DE CORES" ESPERTOU O INTERESE E MOTIVACIÓN DE TÓDOLOS ASTRONAUTAS. A TRAVÉS DEL, APRENDERON PERFECTAMENTE A IDENTIFICAR E EXPRESAR AS SÚAS PROPIAS EMOCIÓNS. 
EN RELACIÓN AO CONTO, COMEZAMOS A TRABALLAR A ALEGRÍA. ASÍ, FORON TRAENDO CANTIDADE DE COUSIÑAS DE COR AMARELO, EXPLICANDO POR QUE LLES TRANSMITÍA DITA EMOCIÓN. TAMÉN TODO TIPO DE MATERIAIS, RECURSOS, ... SOBRE A TEMÁTICA, QUE ENRIQUECERON O NOSO PROXECTO. 
GRACIAS FAMILIAS, UNHA VEZ MÁIS, POLA VOSA COLABORACIÓN!!! 
MIRADE QUE MATERIAIS MÁIS INTERESANTES, ...

domingo, 26 de febrero de 2017

O ENTROIDO NA CLASE DOS PINGUS

Esta semana foi de festa rachada...O Meco mandounos traer diferentes complementos para iniciar con moita troula o entroido.👮
Pero nos días de troula os pingus tamén traballamos moito; por exemplo facendo clasificacións cos pixamas que traiamos e tamén cos disfraces.
Fomos quen de emparellarnos segundo a temática e ver cal era o conxunto que ten máis/menos elementos e asociar número e cantidade.
Mirade que ben o pasamos e qué feitiños saimos nas fotos.

lunes, 20 de febrero de 2017

A ABELLIÑA VERA DE PROTAGONISTA DA SEMANA

PARA VIGO ME VOY

 OS PINGÜINS ESTAMOS EMOCIONADOS CO NOSO PROXECTO DE VIGO.
ENCÁNTANOS DESCUBRIR COUSIÑAS SOBRE A NOSA "CIDADE OLÍVICA" E ESTAMOS ABRAIADOS COA CANTIDADE DE COUSAS INTERESANTES QUE TEN VIGO EN TÓDOLOS ÁMBITOS.
SITUAMOS A NOSA CIDADE NO MAPA COA AXUDA DE GOOGLE MAPS E TAMÉN AS NOSAS VIVENDAS.
IDENTIFICAMOS A BANDEIRA, O ESCUDO DE VIGO , AS TENDAS ,OS MEDIOS DE TRANSPORTE QUE PODEMOS ATOPAR....E MOITÍSIMAS COUSAS MÁIS COMO OS MUSEOS E MONUMENTOS.
SABEDES QUE PARA NÓS É MOI IMPORTANTE DESENVOLVER A CREATIVIDADE E REFLECTIR NOS DEBUXOS TODO AQUELO QUE INVESTIGAMOS .
NESTAS FOTOS PODEDES VER UNHA ACTIVIDADE NA QUE OS PINGUS CONVERTÍMONOS UNHA VEZ MÁIS EN ARTISTAS E DEIXAMOS VOAR A NOSA IMAXINACIÓN PARA CREAR UN MURAL,NESTE CASO, NUNHA CASA.IMITANDO ASÍ OS MURAIS TAN FERMOSOS QUE ENCHEN A NOSA CIDADE DE COR.
TAMÉN APARECEN FOTOS DO VIGOPOLY, UN XOGO QUE CREOU O PAI DE NICO E QUE ESTÁ SENDO TODO UN ÉXITO.
CON EL XOGAMOS EN "EQUIPO" , COÑECEMOS RÚAS DA NOSA CIDADE E TRABALLAMOS O CONTEO ENTRE  MOITOS OUTROS OBXECTIVOS.
MIL GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA CONSTANTE COLABORACIÓN.







PARA VIGO ME VOY on PhotoPeach

jueves, 9 de febrero de 2017

OS ASTRONAUTAS CELEBRAN A PAZ

ESTE ANO TRABALLAMOS A PAZ, TENDO COMO PUNTO DE PARTIDA O CONTO UN BESO ANTES DE DESAYUNAR (para escoitalo podedes acceder ao seguinte enlace https://www.youtube.com/watch?v=5OxWNw-6l3Y). TÓDALAS AULAS ELABORARON MURAIS RELACIONADOS COAS DIFERENTES ESCENAS DO CONTO. AOS ASTRONAUTAS TOCOUNOS A PANADERÍA, ASÍ QUE PINTAMOS, DECORAMOS (CON XICES DE CORES, BOLIÑAS DE PAPEL DE SEDA E VIRUTIÑAS DE CERAS) MOITOS PASTEIS E BARRAS DE PAN!!!
AS FAMILIAS ENCHERON OS CORREDORES DO COLE DE BICOS DE TÓDALAS CORES. NÓS TAMÉN DEIXAMOS OS NOSOS BICOS NUN MURAL.
A CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ TIVO COMO PUNTO FINAL A XUNTANZA DE TÓDOLOS NENOS/AS E PROFES DO COLE PARA CANTAR E BAILAR O XOGO DA CARRASQUIÑA  CUN DISTINTIVO: UN BEIZO CON ÁS (a canción podedes atopala no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=CWokcHkxnpg)
TODO O COLE ENCHEUSE DE COR!!!

CELEBRAMOS A PAZ - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

miércoles, 8 de febrero de 2017

AS ABELLIÑAS CONVÉRTENSE EN ESCULTURAS

Mergullados neste trismetre no proxecto de Vigo, fixemos unha clase un pouco diferente....pasamos de ser nen@s a ser esculturas e escultores. Déixovos algunhas fotos como mostra do inxenio e creatividade das abelliñas.

A ABELLIÑA ALEX PROTAGONISTA DA SEMANA

martes, 7 de febrero de 2017

CELEBRAMOS XUNTOS O DÍA DA PAZ

Este ano celebramos A PAZ enchendo o cole de bicos. Inspirámonos no conto "Un beso antes de desayunar" cubrindo os corredores do cole con murais representativos do conto, que completaban os nen@s. Así pegamos pan, magdalenas, pasteis... na panadería, roupa na lavandería, nubes e  gotas de auga no ceo, flores e froitas nas árbores, e cartas no buzón.
As familias axudáronnos a encher murais de bicos  e decoramos uns na casa que pegamos nos corredoiros: bicos grandes, brillantes, amorosos, curiosos...

Grazas familias pola vosa colaboración.

https://www.youtube.com/watch?v=SNpuis6zkGA

jueves, 2 de febrero de 2017

AS XIRAFAS CONSTRUEN UN VERMICOMPOSTADEIRO

Dentro as actividades programadas da Horta de Vila Laura temos a construcción dun VERMICOMPOSTADEIRO.

Neste caso tócalle a aula das Xirafas.

AS ABELLIÑAS DE VILA LAURA CONSTRUEN UN VERMICOMPOSTADEIRO

Dentro das actividades da Horta facemos un vermicompostadeiro.
Neste caso tócalle a quenda a clase das Abelliñas.
Toda unha experiencia coller as miñocas!!!

miércoles, 1 de febrero de 2017

OS PINGÜÍNS CONSTRUEN UN VERMICOMPOSTADEIRO

Dentro das actividades do Horto Escolar temos a construcción dun VERMICOMPOST.
Foi toda unha experiencia sobre todo por coller e tocar as miñocas.
Neste caso a experiencia foi ca aula de 5 anos Pingüíns.