domingo, 26 de abril de 2026

Directo na Radio Galega

Este tercer trimestre os nenos e nenas de 6º de infantil comezamos co proxecto "Somos Xornalistas" e aproveitando que a tía de Mara é periodista achegouse a nosa escola para explicarnos como se fai un informativo, como é un plató de televisión e todo o equipo que está detrás dos informativos. Presentounos a Xabarín, a mascota da programación infantil e despois dividímonos en grupos que serían as nosas seccións e fixemos unhas pequenas gravacións de entrevistas que estanse a editar. Será toda unha sorpresa!

Con ela fixemos unha conexión en directo co programa de radio da TVG e regaláronnos unha mochila de Xabarín que nos encantou.

Moitas grazas.






Contacontos na escola

Co gallo do Día do Libro visitáronnos na escola nenos e nenas do IES do Castro para contarnos un conto aos rapaces de 5 anos. Leron, interpretaron e animaron as súas historias.

Nós, como agradecemento lles fixemos durante a semana un marcapáxinas cunha flor feita co lápis 3D.


Descubrindo o cine con rapaces do Instituto

Soralla, a nai de Noé da clase de Exploradores, acudiu co seu alumnado do Instituto Santo Tomé para levar a cabo a actividade "Como funciona o cine".

Explicáronnos a evolución do cine desde os seus inicios, faláronnos de como facer unha animación coa técnica de stop motion e visualizamos algunhas curtas en branco e negro grazas a un proxector Súper 8.

Despois nas aulas cada neno elaborou o seu proxecto empregando vasos plásticos, rotuladores e lanternas. O resultado foi incrible!

Moitas grazas pola vosa colaboración.


sábado, 25 de abril de 2026

Limpando dentes...

Desde a Clínica Bastida visitaron a nosa escola para concienciarnos e explicarnos como manter sanos os dentes. Cepillaron ao dinosaurio e cantamos cancións de como loitar contra a carie.



Concerto de Pakolas

O Concello de Vigo convidounos ao concerto de Pakolas no auditorio municipal, e alá fomos os nenos e nenas de 6º de educación infantil. Xunto coa súa guitarra presentounos a Ecoralia, a lambona ecolóxica.

 A través das súas cancións a ritmo de rock e explicacións aprendemos sobre os beneficios de consumir alimentos ecolóxicos, como coidar o medio ambiente tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.

sábado, 18 de abril de 2026

Villa Romana de Toralla

Como remate do proxecto de Grecia e Roma os cativos de 5 anos visitamos o Centro de Interpretación do Mundo Romano e o seu anexo, o xacemento arqueolóxico municipal da Villa Romana de Toralla achegádonos así ao pasado romano da cidade de Vigo.
Dentro explicáronnos como vivían naquela época, cómo chegaron os romanos e como conviviron as relacións comerciais que estableceron e atopamos cerámicas, moedas, restos fúnebres, evidencias da existencia dun muíño... Sorpredéunos as xigantescas ánforas e descubrimos por qué tiñan esa forma puntiaguda na base: para o seu mellor transporte nos barcos.
Fóra, visitamos as Villae, residencias unifamiliares de elementos de luxo e prestixio, entramos nas diferentes habitacións, na cociña, comedor, no almacén, nas termas, nas salinas. Para dar calor as estancias, na parte inferior descubrimos unha cámara subterránea con columnas de ladrillo onde circulaban as chamas producidas por un forno exterior que aínda podemos ver.

Foi unha visita moi interesante onde aprendimos moitas cousas.




miércoles, 15 de abril de 2026

Conderto de Amadeus na escola

A Escola de Música Amadeus ofreceunos a todo o colexio un concerto na escola acompañados de instrumentos como o Violonchelo, o violín, a caixa, a batería, o órgano, a frauta...
Cantamos, rimos, e bailamos. FANTÁSTICO!!!
Moitas grazas



 


martes, 7 de abril de 2026