jueves, 21 de febrero de 2019

CARLOS PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Carlos tróuxonos varias cousas de cando era bebé, de entre elas un pixama que herdou da súa nai e da súa tía e os seus xoguetes favoritos como Rayo Mcqueen, o Capitán América e o dinosaurio T-rex. Nos ensinou algunha das cousas que fixo estando na guardería, como un micro e unha guitarra que usou na clase ao son dunha das canción preferidas, "I´m so happy". Tamén nos mostrou como se prepara unha das bebidas preferidas, o roiboos e unhas magdalenas que probamos todas as abelliñas.
A súa nai veu visitarnos e nos ensinou entre outras cousas fotos da familia, nos leeu un conto e nos demostrou como os pétalos das flores de papel abren ao estar en contacto con auga ( está no vídeo dos experimentos).
Despedimos a semana cos trailers escollidos por Carlos: "El malvado zorro feroz", Cars 2 e "Abejas"

GRAZAS MAMÁ POLA TÚA PATICIPACIÓN.










No hay comentarios:

Publicar un comentario