jueves, 4 de diciembre de 2025
UNHA HISTORIA NO NADAL...
miércoles, 26 de noviembre de 2025
25 N
COÑECENDO A YAYOI KUSAMA
martes, 18 de noviembre de 2025
Para celebrar o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial a aula das abelliñas fixeron un podcast describindo algunhas palabras relacionadas co magosto e ao mesmo tempo elaboramos un libriño onde as recoñemos e quedará na biblioteca para a súa visualización.
Se clicades na imaxe podedes escoitar o podcast.
O tedes tamén na páxina web do cole.
domingo, 16 de noviembre de 2025
domingo, 9 de noviembre de 2025
miércoles, 29 de octubre de 2025
APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Co gallo do Día Internacional das Bibliotecas en España inauguramos a nosa biblioteca escolar para este curso 2025-2026 da man da Mestra Mari da clase dos Astronautas que nos interpretou o marabilloso conto Aurelio.
Neste encontro coas familias os cativos fixeron marcapáxinas co morcego Aurelio, pintamos ao noso Plumas impreso en 3D para facer un chaveiro con el, seguimos o camiño das grafías das letras con pedriñas e usuando as pinzas intentamos atopar cada letra e gardala na súa casiña.
E desde logo, lemos contos, contos en familia.
martes, 28 de octubre de 2025
Visita dos maiores ao Museo Liste
domingo, 26 de octubre de 2025
Proxecto do Universo dos cativos de 5 anos
Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil comezamos o proxecto do Universo sempre contando coa colaboración das familias dos cativos, con Uxío viaxamos desde a Biblioteca aos planetas, as constelacións e o noso Sol.
viernes, 20 de junio de 2025
CONCERTO MUSICAL
Nesta última semana do curso tivemos a sorte de ter como broche final unha actuación dun grupo musical improvisado e extraordinario composto por Alba coa arpa, Jacobo na batería e Adolfo como vocalista e guitarrista.
Tocaron para nós "Nothing else maters" de Metallica, "Losing my Religion" de REM e sorprendéronnos con "A vaca Lola" e "A saia da Carolina" que cantamos a coro todos xuntos.
Marabillosa actuación, moitas grazas papás e mamá pola vosa colaboración.
domingo, 1 de junio de 2025
Teatro no Vila Laura
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación infantil asistiron a unha gran representación do conto O Monstruo de Cores por parte do grupo de teatro de Tránsito á vida adulta do CEEPR Fogar e Clínica San Rafael, "Os Asomados".
Moitas grazas pola vosa visita, marabillosa función.
domingo, 9 de marzo de 2025
ENTROIDO EN VILA LAURA
Este curso o Entroido xirou entorno os proxectos que traballamos por niveis desfilando pola rúa coas seguintes temáticas: nivel de 3 anos: Contos ao revés; nivel de 4 anos: O antiguo exipto e nivel de 5 anos: O Universo.
Durante toda a semana o Meco deunos as ordes tendo en conta o proxecto anual do centro "Un Mundo ao revés". Grazas familias pola vosa creatividade e imaxinación dándolle unha volta á realidade.
E como decoración dos corredoiros centrámonos en imaxes diferentes do Entroido Galego: traxes, gastronomía e lugares onde o Entroido celébrase por todo o alto, dando a coñecer un pouquiño máis a nosa cultura.
Clica na imaxe para visualizar o vídeo.
%20(297%20x%20209%20mm).jpg)
.jpeg)












.png)