miércoles, 29 de octubre de 2025

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Co gallo do Día Internacional das Bibliotecas en España inauguramos a nosa biblioteca escolar para este curso 2025-2026 da man da Mestra Mari da clase dos Astronautas que nos interpretou o marabilloso conto Aurelio.

Neste encontro coas familias  os cativos fixeron marcapáxinas co morcego Aurelio, pintamos ao noso Plumas impreso en 3D para facer un chaveiro con el, seguimos o camiño das grafías das letras con pedriñas e usuando as pinzas intentamos atopar cada letra e gardala na súa casiña.

E desde logo, lemos contos, contos en familia. 



 

martes, 28 de octubre de 2025

A NOSA BIBLIOTECA POLO SAMAÍN




 

Visita dos maiores ao Museo Liste

 
Os rapaces e rapazas de 5º de Educació Infantil visitamos o Museo Liste e decubrimos as orixes do Samaín, unha festa Celta de hai máis de 2000 anos. Adentrámonos nun túnel terrorífico en busca de tesouros aterrecedores para levar á tumba e fixemos a nosa árbore chea de pantasmas, cabazas, morcegos...



domingo, 26 de octubre de 2025

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil comezamos o proxecto do Universo sempre contando coa colaboración das familias dos cativos, con Uxío viaxamos desde a Biblioteca aos planetas, as constelacións e o noso Sol.

Os papás de Antón na aula leéronnos un conto e despois construimos cadaquén un súper cohete.