miércoles, 21 de enero de 2026

CALENDARIO DE ADVENTO

Os corredoiros da nosa escola enchéronse día a día de obras de arte realizando un calendario de Advento como parte do proxecto anual "ARTEllando". 
Aproveitamos así para a través de determinados cadros  coñecer aos pintores, os títulos, os museos,  percorrendo así algúns países e cidades. A partir destes creamos os nosos cadros do nadal e puxémoslles o noso título.


 

domingo, 4 de enero de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/system/files/Libros%20recomendados%20xirafas.mp3



Decorando manteis

Así quedaron os manteis, cheo de debuxos que poderían ser verdadeiras postais do Nadal.





 


Martiño na Aula Sensorial

Rocío e Andrea contáronnos o conto "Martiño na noite de Reis" na aula sensorial, foi toda unha experiencia!!!


 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Kids&us interpretáronnos un conto en inglés a toda a escola titulado "Saving Christmas". 
Moitas grazas pola vosa actividade, desfrutamos moito!!



 

sábado, 3 de enero de 2026

Día Internacional das Persoas con Discapacidade na EEI Vila Laura

 

O pasado 3 de decembro, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o Departamento de Orientación da EEI Vila Laura organizou unha fermosa actividade para todo o alumnado.

Na biblioteca do centro gozamos dun contacontos moi especial, dirixido pola especialista de Audición e Linguaxe, arredor do libro “O voo de Sofía” (Editorial Cuento de Luz). Esta historia fálanos de Sofía, unha libélula con ansiedade pola incerteza, que un día deixa de voar. A súa nai, para axudala, crea unha axenda visual que lle proporciona a anticipación necesaria. Grazas a esa estrutura, Sofía recupera a calma e volve voar feliz.

A través deste relato aprendemos que, con apoio e comprensión, todos e todas podemos superar os medos e atopar o noso propio ritmo.

Tras o contacontos, cada grupo continuou a actividade nas aulas, onde, seguindo instruccións con pictogramas, elaboraron a súa propia libélula de Sofía. Así, o alumnado puido poñerse no lugar da protagonista e comprender mellor o valor da diversidade, a empatía e a superación.

As nosas pequenas libélulas marcharon para casa levando con elas unha mensaxe chea de cor e respecto:

✨ todas as ás, grandes ou pequenas, poden voar se lles damos oportunidade.

Coidamos, compartimos e aprendemos xuntos cada día na EEI Vila Laura



Visita dos pais das Abelliñas

Os pais de Manuel visitáronnos e contáronnos moitas cousiñas da Lúa, trouxeron area lunar e comprobamos como se facían os cráteres. Elaboramos o noso platillo volante e fixemos un carnet de Astronauta.
A nai de Valeria tamén nos acompañou e ensinounos como construir un cohete voador, encantounos o resultado!!!
Moitas grazas Lucía, Javier e Andrea pola vosa colaboración.