miércoles, 16 de mayo de 2012

PINGÜIN

O MÉRCORES 16 DE MAIO OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS FOMOS A CAIXANOVA A VER A OBRA DE TEATRO: “PINGÜIN”. GUSTOUNOS UN MONTÓN!!!

Co grupo de teatro Periferia viaxamos ao Polo Sur para coñecer a Bobo e a súa familia. No Polo Sur, un dos poucos lugares do planeta que se conserva no seu estado máis natural, encontrámonos os pingüíns. A familia pingüín, protagonista desta historia, vive nunha envexable harmonía: papá pingüín pesca polas mañás e polas tardes coida da casa; mamá pingüín polas mañás coida da casa e polas tardes pesca; e o pequeno Bobo fai o que máis lle gusta: come e xoga todo o día. Pero algo está cambiando ... Bobo está a punto de vivir unha sorprendente aventura. Hoxe os seus papás dixéronlle que vai ter un irmán!

AQUÍ TEDES UN ANAQUIÑO DA OBRA PARA QUE TAMÉN A PODADES DESFRUTAR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario