lunes, 19 de noviembre de 2012

CURUXAS , SAPOS E BRUXAS...

Como sabedes, este trimestre os "pingüins" estivemos moi ocupados investigando cousiñas sobre as BRUXAS.Para iso empregamos contos, películas, cancións, adiviñas e tamén internet.
En breve poderedes ver fotiños do noso proxecto, pero mentras tanto...podedes poñer os altofalantes a tope para escoitar as cancións de bruxiñas que máis nos gustan!



E, como pronto se achega o Nadal ,aquí vos deixo un enlace onde podedes atopar información sobre a bruxa BEFANA ;moi coñecida en Italia e moi querida polos máis cativos, xa que é a encargada de deixarlle agasallos na noite do 5 ao 6 de Xaneiro.

Máis cousiñas sobre A BEFANA



No hay comentarios:

Publicar un comentario