martes, 22 de febrero de 2022

SAÍDA AO CASTRO DE VIGO

Hoxe foi un día moi especial para todos nós por moitos motivos!

Foi a nosa primeira saída do centro escolar, en toda a etapa de Ed.Infantil marcada pola pandemia.

Camiñamos ata o Castro que temos tan preto e visitamos, seguindo o proxecto traballado na aula, as CABAÑAS que hai no poblado-exposición ao pé do monte que leva o seu nome.

Aprendemos un pouquiño máis daquela época pasada, cómo vivían, qué había en cada unha das cabañas, que ferramentas e utensilios empregaban, cantos habitantes tiña, que todo o Castro estaba cheo de vivendas coma as visitadas, etc.

Despois da visita, merendamos todos xuntos e ao aire libre. Posteriormente tratamos de adiviñar cada unha das esculturas do seu redor, vencelladas á vida daquela época; e seguindo o paseo, regresamos ao colexio.

Encantounos saír da escola!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario