miércoles, 23 de noviembre de 2022

Refraneiro en galego

Co gallo de fomentar o uso do galego na súa expresión oral na nosa escola, esta semana pasada levamos a cabo o recitado nas aulas, e o xoves-venres ao resto dos compañeiros/as de nivel, dos refráns da nosa terra.

A experiencia foi todo un éxito de participación e resultou ser moi enriquecedora: disfrutar novamente todos xuntos de realizar actividades grupais, compartir o noso coñecemento, escoitar e FALAR en galego.

Foi moito o alumnado participante, polo que nos vemos incapaces de subir todo o material audiovisual recollido, e agradecer, dende aquí, a colaboración das familias como parte implicada da educación dos seus fillos/as.

E como dixo a gran parte do noso alumnado participante...
"NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA"















No hay comentarios:

Publicar un comentario