jueves, 5 de mayo de 2016

AS ABELLIÑAS NO FONDO DO MAR

Seguimos mergullando no fondo do mar e Flor, a mamá de Vera, estivo na aula facéndonos unha estupenda clasificación do mundo mariño. Mostrounos con apoio visual os distintos grupos: Equinodermos (Estrelas de mar, Ourizos.....precioso o "Dólar de area", Esponxas, Vermes, Cnidarios (corais, medusas), Crustáceos (caranguexos, percebes, camaróns, pulga), Moluscos (vivalvos, gasterópodos, cefalópodos), Moluscos sen cunchas.... ;Vimos exemplos de peixes, algunha das súas características... reptiles, aves e mamíferos mariños.....e cómo non, explicounos como debemos protexer as especies mariñas, recordounos o que non debemos tirar ao mar e o que acontece cando os peixes están en contacto co lixo. Vimos unhas imaxes sorprendentes!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario