jueves, 26 de mayo de 2016

O outro día, Pingüíns, Xiragas, Caranguexos e Abelliñas aprendimos moitas cousiñas sobre o mar e os peixes gracias a Alex, Biólogo Mariño que traballa no Instituto de Investigación Mariñas de Vigo.
Aprendimos en primeira instancia que era un ciéntifico e a que se adican, nos medimos coma se foramos peixes, e vimos: Estrelas de mar, Cabaliños de mar, un pico do Peixe Espada e unha Caracola. Dos cefalópodos coñecemos a Pota, o Calamar, a Sepia e o pico e a lingua do Polbo.
vimos o ovo do Tiburón "pintaroja" e outro dunha manta raia e as barbas dunha balea.
Tocamos un fósil dun dente dun Tiburón prehistórico e dun Tiburón tigre.
E impresionounos moito a boca dun Tiburón Marrajo!!!!Cantos dentes tiña!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario