martes, 23 de abril de 2019

ULISES PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Empezamos a semana cos xoguetes preferidos de Ulises, os Superzings!!! Veu cargado deles, de coches, de estacións...encantoulles a todos poder xogar con eles. Ensinounos algúns xogos de madeira cos que xogaba e xoga, e veu a súa familia a mostrarnos un álbum que recollía os mellores momentos de Ulises e o seu irmán tamén nos contou un conto.
Despois, aproveitando que estabamos co proxecto dos científicos, fixeron un experimento que lles fascinou, un volcán de lava!!! E despedimos a súa familia ao son de "súbeme la radio".
Os seus avós tamén nos visitaron outro día, leéronnos un dos contos preferidos de Ulises e trouxéronnos unha merenda exquisita, pan con marmelo, galletas, e algunha froita.

MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!















No hay comentarios:

Publicar un comentario