martes, 23 de abril de 2019

ULTIMOS EXPERIMENTOS DAS ABELLIÑAS!!!

Rematado xa o segundo trimestre preséntovos os últimos experimentos que nos viñeron a ensinar a aula Cristina e Alba, a nai e irmá de Bruno; Marta, a nai de Valentina; María, a nai de Martina; Cristina Martín, a nai e o irmán de Ulises e Carlos, un dos nosos científicos da clase. Déixovos un vídeo destes experimentos:

  1. A piña máxica, unha piña que se abre ou pecha se se molla
  2. Reloxo de area pero con xiz de cores.
  3. Carreira de barcos empregando imáns.
  4. Observamos a través do microscopio distintas mostras.
  5. Fixeron un volcán de lava expectacular
  6. Descubriron como facer nubes e como cae a choiva.
MOITAS GRAZAS MAMIS POLA VOSA COLABORACIÓN.







No hay comentarios:

Publicar un comentario