sábado, 27 de febrero de 2021

martes, 23 de febrero de 2021

Nova aportación de NORA

 Onte NORA tamén aportou ao noso proxecto un libro moi interesante sobre o CORPO HUMANO.



GRAZAS NORA!!


lunes, 22 de febrero de 2021

OS TENDÓNS DE GAEL

Na quenda de GAEL, falounos dos TENDÓNS e a súa importancia!

Sabedes para que sirven?

Asimesmo, mostrounos o seu funcionamento cunha exposición caseira magnífica onde se vía perfectamente como éstes, enlazados aos nosos MÚSCULOS axudan a mover os nosos ÓSOS



GRAZAS GAEL pola túa aportación!!


OS DENTES DE IRIA

IRIA sorprendeunos cunha dentadura moi grande onde nos explicou os tipos de DENTES, as súas funcións, e como cepillar correctamente os mesmos. Tamén nos contou a súa visita á súa dentista.

Isto pertence ao noso sistema dixestivo, dentro do proxecto do CORPO HUMANO que estamos levando a cabo na nosa aula.

Sabedes cantos dentes temos aos 4 anos? e como se chaman éstes?




GRAZAS IRIA pola túa exposición!!


sábado, 20 de febrero de 2021

OS ÓRGANOS DE MATEO

Na quenda de MATEO, éste sorprendeunos cunha exposición sobre os nosos ÓRGANOS e como coidalos.

Sabedes qué temos que facer para coidar e protexer os nosos osos, os nosos riles ou o noso cerebro?



Grazas MATEO!!


viernes, 19 de febrero de 2021

Nova aportación de LÚA

LÚA tamén aportou ao noso proxecto un libro moi interesante sobre o CORPO HUMANO.


GRAZAS LÚA!!

Nova aportación de ALMA

A semana pasada ALMA trouxo á aula uns pequenos puzles relacionados co noso CORPO HUMANO, tanto dos nosos órganos, osos, pel e roupa.


Grazas ALMA!!


miércoles, 10 de febrero de 2021

O SANGUE DE NORA

Este maravilloso alumnado da aula dos PINGUÍNS non deixan de sorprendernos. Despois de todos estes días coas fabulosas aportacións das familias, chegou a quenda de NORA que nos explicou e nos ensinou aspectos relacionados co noso SANGUE.

Sabedes que 3 compoñentes fundamentais percorren as nosas ARTERIAS e VENAS? E cales son as súas funcións? Quen cicatriza as nosas feridas? Quen loita contra os nosos virus?

(podedes irlle preguntando todo isto aos vosos fillos/as na casa, posto que son cousas que previamente explicaron e falamos na aula)



GRAZAS NORA polo teu estupendo traballo.



OS SENTIDOS DE ANTÓN

 A exposición de ANTÓN mostrounos algo que xa sabíamos pero que sempre pasamos por alto:

os nosos SENTIDOS.

Sabedes cales son e a que órganos do noso corpo lles afecta?

Coa súa axuda, vímolos todos, analizando un por un, e acompañándoos con diferentes xogos sensoriais.



GRAZAS ANTÓN polo teu traballo! :)


OS PULMÓNS DE LEIRE

A seguinte quenda correspondeu a LEIRE, que nos trouxo á aula un conto sobre os PULMÓNS, e todo o relacionado coa respiración, onde obter un aire limpo, etc.


Tamén nos aportou uns pequenos pulmóns caseiros para comprobar como funcionan os nosos.


GRAZAS LEIRE polas túas explicacións :)

viernes, 5 de febrero de 2021

APARATO DIXESTIVO DE ALBA

As nenas/os da nosa aula non paran de traer cousiñas á aula, explicándonos cada un dos materiais que aportan.

Hoxe foi o turno de ALBA que nos contou cómo funciona o noso aparato dixestivo, explicando con todo detalle cales son os pasos polos que os alimentos se transforman no noso CORPO, así como os diferentes órganos que o compoñen.



Grazas ALBA polas tuas explicacións :)


QUEBRACABEZAS DE CANDELA

CANDELA trouxonos á aula uns quebracabezas de tamaños moi grandes sobre distintas visións do noso CORPO HUMANO (espidos, esqueletes, con roupa,...) para poder facer e xogar con eles na clase.



Grazas novamente pola túa aportación, CANDELA.


miércoles, 3 de febrero de 2021

OS PULMÓNS DE LAIA

LAIA tamén nos trouxo moita información sobre os nosos PULMÓNS, cómo entra e sae o aire, e as diferentes partes polas que pasa.

Dado o tirón que está a ter este órgano, as vindeiras sesións da aula adicarémosllas. Podedes complementar esta información na vosa casa con elas/eles.


Tamén nos trouxo unha manualidade sobre cómo funcionan os nosos PULMÓNS.


GRAZAS LAIA


AS CAPAS DE ANA

 ANA trouxo á aula un CORPO HUMANO que se caracterizaba por mostrar cada unha das capas que temos, dende a nosa vestimenta ata profundizar e chegar aos nosos órganos vitais.


ANA explicando as distintas capas do noso CORPO


GRAZAS ANA


martes, 2 de febrero de 2021

O CORAZÓN DE ANDREW

 E na quenda de ANDREW, éste mostrounos como é un CORAZÓN e cal é a súa función.

E... por qué do CORAZÓN saen/entran dous conductos, un de cor vermella e outro de cor azul?




GRAZAS POLA TÚA APORTACIÓN, ANDREW


OS PULMÓNS DE LÚA

A nosa aula segue a ter novas participacións moi interesantes.

Na quenda de LÚA, trouxonos uns PULMÓNS caseiros moi interesantes. Explicounos qué eran e cal é a súa función.


Intre no que LÚA nos contou como é a nosa respiración.


MOITAS GRAZAS POLA TÚA CONTRIBUCIÓN.




lunes, 1 de febrero de 2021

EL CUERPO DE DYLAN

Hoy lunes DYLAN también aportó a nuestro proxecto con un dibujo sobre el CUERPO HUMANO, identificando cada una de sus partes y con su nombre correspondiente.

Todo esto nos lo fue explicando durante la asamblea de la mañana.


GRACIAS DYLAN POR TU APORTACIÓN.

O ESQUELETE DE ALMA

Hoxe ALMA, coincidindo con que era a encargada da aula, mostrounos varios materiais relacionados co noso CORPO HUMANO.

-- Ensinounos un esquelete, como pode ser o noso, cos nomes de cada un dos osos.


-- Presentounos unha serie de radiografías de pés, mans e cóbados, e vimos como isto pode ser posible e para qué se fan.

-- Mostrounos unha cartolina de cómo debemos de coidar os nosos osos así como dúas curiosidades máis. Sabedes cál é o noso oso máis grande e cál é o máis pequeno?



-- E nos regalou cartolinas coas pezas dun esquelete para facer cada un/unha na súa casa.

MOITAS GRAZAS ALMA!!