miércoles, 30 de marzo de 2016

O último día da clase, AS ABELLIÑAS, antes da Semana Santa despedimos o noso proxecto dos transportes imitándoos, fancendo un pequeno circuito e movéndonos como eles...fomos avións, camións, barcos, autobuses...ata fixemos as paradas para subir nel!!! Aquí vos deixo a experiencia...divertímonos un montón!!!

INCIAMOS A NOSA TRAVESÍA...

OS PINGÜINS INICIAMOS ESTE TRIMESTRE CUNHA TRAVESÍA PARA COÑECER UN MONTÓN DE COUSIÑAS SOBRE O MAR.
PARA EMPEZAR A TRABALLAR NADA MELLOR QUE FACELO MOI MOTIVADOS CUNHA CANCIÓN QUE NOS ENCANTA DAS MAIMIÑAS "MÉTETE BAIXO O MAR".
AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO ONDE PODEDES VER O BEN QUE MOVEMOS O ESQUELETO.


miércoles, 23 de marzo de 2016

OS DRAGÓNS E OS TRASNOS DISFRUTAMOS DUN GRAN CONTACONTOS A CARGO DE PACO NOGUEIRAS.

lunes, 21 de marzo de 2016

Neste segundo AS ABELLIÑAS trimestre traballamos moito e como non había que levar unha bolsa bonita para meter todos os nosos traballos, aquí están....



BOLSAS 2º TRIMESTRE - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
pan style="color: #6aa84f;">

domingo, 20 de marzo de 2016

AS ABELLIÑAS FAN O COCHE DE PAPÁ

Aproveitamos o proxecto dos Medios de Transporte para facer algunha que outra manualidade...despois dos globos construimos uns coches que imos regalar a papá o seu gran día.


AS ABELLIÑAS VOAMOS EN GLOBO...

miércoles, 16 de marzo de 2016

APRENDEMOS MATEMÁTICAS DE FORMA DIVERTIDA

OS PINGUS ESTIVEMOS ESTE TRIMESTRE TRABALLANDO MOITOS CONCEPTOS 
MATEMÁTICOS DUN XEITO MOI LÚDICO E MANIPULATIVO.

EMPREGAMOS OS BLOQUES LÓXICOS PARA ACHEGARNOS Ó CONCEPTO DE NÚMERO E PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE CLASIFICACIÓN, SERIACIÓN , ORDENACIÓN...QUE SON A BASE DAS HABILIDADES OPERATORIAS.

NAS FOTOS PODEDES VER ALGUNHA DAS ACTIVIDADES QUE INMORTALIZAMOS , PERO ISTO É SÓ UNHA MOSTRA DE TODOS OS NOSOS MOMENTOS DE DESCUBRIMENTO NA NOSA AULA.

martes, 15 de marzo de 2016

ELABORAMOS SAQUIÑOS DE AROMÁTICAS

Dentro do Proxecto Horta, facemos saquiños de Herbas Aromáticas: as tocamos, as cheiramos, as espinicamos,... Deixamos a escola cun perfume!!! e traballamos os Bits de Intelixencia con este tema.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A slideshow design by Smilebox

lunes, 14 de marzo de 2016

VISITA Á FUNDACIÓN SALES

As aulas de 5 anos (Trasnos e Dragóns) visitamos a Fundación Sales de Vigo. Dentro do proxecto da escola sobre O Agro, aprendimos sobre outras especies do mundo que viven neste xardín botánico fundado por Francisco Sales. Foi unha actividade moi enriquecedora e o pasamos fenomenal. Nesta montaxe vai unha mostra desta saída educativa.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow customized with Smilebox

domingo, 13 de marzo de 2016