lunes, 25 de abril de 2022

PINGÜI - NOTICIAS 9ªEd

Unha semana máis, xa temos connosco o "Pingüi-noticias" do fin de semana!
Non vos perdades esta novena edición coas noticias máis frescas da aula dos pingüinos.


(premer na imaxe para visualizar o "Pingüi-noticias")


domingo, 24 de abril de 2022

miércoles, 20 de abril de 2022

PINGÜI -- NOTICIAS 8ª Ed

E con ésta, xa van oito edicións do noso "Pingüi--noticias". Sen dúbida, un éxito!

Esta actividade lectoescritora, na que o noso alumnado disfruta transmitindo a través do papel, converteuse nun medio no que eles/elas sinten esas gañas de querer contar aquelas noticias súas máis importantes da fin de semana.

A 8ª edición mostra o acontecido co noso alumnado durante as vacacións de Semana Santa.

Disfrutade lendo igual que os nenos/as disfrutaron elaborando!!



martes, 19 de abril de 2022

BIG BANG na aula das Estreliñas

A TEORÍA DO BIG BANG

Despois de decidir na aula qué queríamos saber acerca do "UNIVERSO", xurdíu a pregunta de cómo se formaron os planetas.

Démoslle resposta de xeito manipulativo de cómo de orixinou.

Repartimos plastilina de diferentes cores e pedímoslles que fixeran pequenas boliñas.

Despois, introducímolas todas nun globo. Inflámolo.

         


A continuación, cun punzón estoupámolo.

          





Todas as boliñas que estaban dentro do globo, espalláronse pola aula, representando a explosión do "BIG BANG" e como a materia se expandiu polo universo.

A continuación, pedímoslles que xuntaran as boliñas por cores, para que foran conscientes de cómo se formaron os planetas, as estrelas, a lúa, as galaxias,...

    


  




BIG BANG na aula dos Pingúíns

A TEORÍA DO BIG BANG

Despois de decidir na aula qué queríamos saber acerca do "UNIVERSO", xurdíu a pregunta de cómo se formaron os planetas.

Démoslle resposta de xeito manipulativo de cómo de orixinou.

Repartimos plastilina de diferentes cores e pedímoslles que fixeran pequenas boliñas.






Despois, introducímolas todas nun globo. Inflámolo. A continuación, cun punzón estoupámolo.

Todas as boliñas que estaban dentro do globo, espalláronse pola aula, representando a explosión do "BIG BANG" e como a materia se expandiu polo universo.

A continuación, pedímoslles que xuntaran as boliñas por cores, para que foran conscientes de cómo se formaron os planetas, as estrelas, a lúa, as galaxias,...


(P.D.: Había máis reportaxe fotográfico deste evento pero debéronse perder :( , o importante é que o disfrutaron e entenderon, dunha forma máis lúdica e interativa a explicación dun fenómeno tan complexo)


jueves, 7 de abril de 2022

TEATRO na escola

Hoxe os PINGÜÍNS fixeron TEATRO na biblioteca da nosa escola.

Diante do resto do alumnado de 5 anos, puxeron en escea unha representación teatral do "PINGÜI-NOTICIAS" ambientada na época prehistórica.
 
Gustounos moito ver teatro no colexio e eles/elas disfrutaron actuando para o resto dos nenos/as do seu nivel.


Aproveitamos tamén para gravalos por separado para posteriormente elaborar a edición "Telexornal".
Próximamente...



lunes, 4 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO





 

PINGÜI -- NOTICIAS 7ª Ed.

Xa temos connosco o "PINGÜI -- NOTICIAS" deste fin de semana, co que xa levamos un total de 7 edicións.

FELICIDADES aos nosos relatores/as!!

(premer na imaxe para abrir as noticias)