martes, 22 de febrero de 2022

SAÍDA AO CASTRO DE VIGO

Hoxe foi un día moi especial para todos nós por moitos motivos!

Foi a nosa primeira saída do centro escolar, en toda a etapa de Ed.Infantil marcada pola pandemia.

Camiñamos ata o Castro que temos tan preto e visitamos, seguindo o proxecto traballado na aula, as CABAÑAS que hai no poblado-exposición ao pé do monte que leva o seu nome.

Aprendemos un pouquiño máis daquela época pasada, cómo vivían, qué había en cada unha das cabañas, que ferramentas e utensilios empregaban, cantos habitantes tiña, que todo o Castro estaba cheo de vivendas coma as visitadas, etc.

Despois da visita, merendamos todos xuntos e ao aire libre. Posteriormente tratamos de adiviñar cada unha das esculturas do seu redor, vencelladas á vida daquela época; e seguindo o paseo, regresamos ao colexio.

Encantounos saír da escola!!




lunes, 21 de febrero de 2022

PINGÜI -- NOTICIAS

Na aula dos PINGÜÍNS elaboramos hoxe a primeira edición do noso xornal da fin de semana.

Neste "PINGÜI -- NOTICIAS", o alumnado quixo destacar cousas que para eles/elas foi de interese. Despois de elaboralas, puxémolas en común, onde cada un/unha explicounos a súa NOTICIA con máis detalle.

Esperamos e desexamos que vos guste, e que a actividade sexa o suficientemente motivadora para que os/as PINGÜÍNS queiran seguir a elaborar máis edicións.

Aquí vos presentamos o noso xornal:

https://drive.google.com/file/d/1bsG4VBiBsz-BLoAouxEvxPBmoKtm1zFB/view?usp=sharing 


CHEGARON OS DINOSAURIOS

Chegaron os DINOSAURIOS á aula dos PINGÜÍNS, como unha parte máis dentro do noso proxecto da PREHISTORIA.

Tanto IAGO coma GAEL mostráronnos dous DINOSAURIOS e falamos, a continuación, das súas características: CARNÍVORO ou hervívoro, se era un animal doméstico ou SALVAXE, e se camiñaba en 4 ou 2 patas (neste caso, BÍPEDO).

O ESPINOSAURIO de IAGO deu pé ao traballo en mesa dos seguintes días, traballando sobretodo a lectoescritura.






martes, 15 de febrero de 2022

domingo, 13 de febrero de 2022

Taller de Barro

Coma na época da PREHISTORIA, estes días pasados levamos a cabo un taller de BARRO co noso alumnado no que, eles/elas intentaron elaborar as súas ferramentas e utensilios: lanzas, pratos, culleres, vasos e tazas, anzois...e ata houbo quen se animou a facer un colar.

Encantounos a actividade!!







viernes, 11 de febrero de 2022

SEGUIMOS CONTRIBUÍNDO AO PROXECTO

Nestas últimas semanas, seguimos recibindo máis contribucións ao noso PROXECTO da PREHISTORIA onde o noso alumnado nos conta diferentes cousas desta temática tan atraínte.

E máis sorpresas que nos depararán nas vindeiras semanas como punto e final deste proxecto que, á súa vez, será o trampolín de saída cara o proxecto que nos acompañará ata o remate do presente curso escolar.


LEIRE contribuíu cun novo libro para a aula.


LAIA trajo fósiles-huesos elaborados en casa.


ALBA nos habló sobre diferentes animales prehistóricos.



miércoles, 9 de febrero de 2022

martes, 1 de febrero de 2022

REENCONTROS

Despois duns días difíciles nos que tivemos que quedar na casa vixiando a nosa SAÚDE, hoxe por fin, volvemos á aula, algo que xa se botaba moito de menos: volvernos ver, volver a estar xuntos, a compartir contos e falar entre nós, a xogar xuntos, a bailar,...

Hoxe foi un día de REENCONTROS, un día moi feliz como quedou reflexado no noso recuncho das EMOCIÓNS onde cada un/unha de nós manifestaba a súa ledicia por volver ao colexio.