jueves, 25 de marzo de 2021

PREPARATIVOS PARA O TEATRO

Hoxe a aula dos PINGÜÍNS levará a cabo a dramatización e posta en escea dunha OBRA DE TEATRO relacionada co proxecto que estamos desenvolvendo na aula.

Dende aquí reivindicamos todos os aspectos positivos desta actividade, entre outros: expresión corporal, expresión xestual, oral, dramatización, vencer ese medo e timidez,... así como todos os detalles da preparación (os ensaios, a decoración dos materiais e escenario, a lectoescritura elaborando a invitación ao noso público asistente,...), e a ILUSIÓN co que este alumnado fai as cousas!


SAÚDO FINAL NO ÚLTIMO ENSAIO


PREPARANDO A DECORACIÓN DO ESCENARIO


INVITACIÓNS FEITAS NA AULA


ENTREGA DAS INVITACIÓNS


ENTREGA DAS INVITACIÓNS Á AULA DOS PIRATAS


jueves, 18 de marzo de 2021

ANIVERSARIO DE MATEO

Hoxe é o aniversario de MATEO polo que, na nosa aula, ademáis de cantarlle, tamén lle escribimos entre todos unha fermosa postal, como é tradición. E a través do noso xogo simbólico, sopramos as velas!

Tanto MATEO hoxe, como estes días pasados NORA, agasallaron aos compañeiros/as da clase cuns fermosos contos polos seus cumpreanos. Moitas grazas a ambos polo detalle!!



FELICIDADES MATEO!!!


lunes, 15 de marzo de 2021

ANIVERSARIO DE NORA

Hoxe conmemoramos o aniversario de NORA que cumpre xa 5 anos.
Ainda que este ano coas medidas e restricións COVID-19 os aniversarios xa non son como os de antes, un neno da aula tivo a idea de facerlle unha tarta con plastilina. Despois lle arrimamos unha vela co seu número correspondente e, como facíamos anos atrás, cantámoslle o "cumpreanos feliz" en castelán e inglés.




MOITAS FELICIDADES NORA!!

CASIÑAS DE MIÑOCAS


AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS CONSTRUIMOS VERMICOMPOSTEIROS...

ASÍ PODEMOS ESTUDAR COMO SON, COMO VIVEN E O IMPORTANTE QUE SON PARA  NOSA HORTA. 

CADA EQUIPO FIXO A SÚA CASIÑA. 

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES VER UN POUQUIÑO DA ACTIVIDADE.



jueves, 11 de marzo de 2021

PLANTAMOS AMORODOS

AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS SAIRON A HORTA A PLANTAR AMORODOS.

BOLBORETAS, OSIÑOS, EXPLORADORES E INDIOS O PASARON FENOMENAL.

NA SEGUINTE PRESENTACIÓN RECOLLEMOS ALGÚNS DOS MOMENTOS.



miércoles, 10 de marzo de 2021

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER NO VILA LAURA

Con gallo do 8 de Marzo, Día da Muller traballadora, desde Vila Laura queriamos facerlle unha homenaxe a todas as mulleres importantes da vida dos nosos cativos e con esta premisa enchemos as paredes coas súas fotos como  estrelas de cine, creando así o noso propio PASEO DA FAMA!!!