Hoxe a aula dos PINGÜÍNS levará a cabo a dramatización e posta en escea dunha OBRA DE TEATRO relacionada co proxecto que estamos desenvolvendo na aula.
Dende aquí reivindicamos todos os aspectos positivos desta actividade, entre outros: expresión corporal, expresión xestual, oral, dramatización, vencer ese medo e timidez,... así como todos os detalles da preparación (os ensaios, a decoración dos materiais e escenario, a lectoescritura elaborando a invitación ao noso público asistente,...), e a ILUSIÓN co que este alumnado fai as cousas!