lunes, 8 de enero de 2024

Nadal en Vila Laura

Durante toda a semana realizáronse distintas actividades na escola algunhas das cales recóllense no vídeo.
Gozamos de distintos xogos na biblioteca partindo do conto "Homiño de mazapán" e seguindo coas distintas propostas: Atrapa o teu homiño ou mulleriña de mazapán, Encestar na casiña de Nadal e Xogo de birlos.
Decoramos os corredores da escola con distintos murais do nadal e cunha estrela que cadaquén trouxo feita da súa casa. Moitas grazas familias pola vosa colaboración.
Os nenos/as do Fleming cantáronnos unhas panxoliñas no patio e nós despedímolos do mesmo xeito.
Visitáronnos un grupo de avós do centro Domus-Barreiro cos que os maiores fixeron unha manualidade de Nadal.
E finalmente despedimos o ano 2023 acompañando as badaladas cuns gusanitos e seguimos cunha gran festa no patio.