Presentamos o vídeo do ilustrador do conto "O soño de Matías" que estivo na nosa escola nunha sesión de contacontos a que asistiron os nenos e nenas de 5 anos.
Coa colaboración das familias e das mestras realizamos esta exposición onde recollemos os traballos realizados sobre os temas deste curso: As matemáticas e Roberto Vidal Bolaño Moitas grazas.
O ESCRITOR MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ, CO GALLO DO 150 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA EDICIÓN DE CANTARES GALLEGOS, ACHEGOUNOS A ROSALÍA DE CASTRO DUNHA MANEIRA SINXELA, RECREANDO TEXTOS PROPIOS E DA PROPIA ROSALÍA. ESTIVEMOS MOI ATENTOS, VIMOS ALGÚN CONTO, ESCOITAMOS POEMAS E INTERPRETAMOS ALGÚN DELES. ENCANTOUNOS A ACTIVIDADE.
Esta semana realizamos unha visita didáctica ao PARQUE DE BOMBEIROS de Porriño. A visita estructurouse en dúas partes:
O interior do edificio onde visitamos as dependecias onde organizan a súa vida, xa que fan quendas de 24 horas. Teñen ximnasio, habitacións, cociña, sala de TV, onde vimos dous documentais coas nocións básicas sobre como actuar en caso de incendio. Recordade 112: 1 boca, unha nariz e 2 ollos.E debemos saber a dirección da nosa vivenda. Tamén visitamos a dependencia onde organizan, planifican e coordinan todo o traballo en caso de emerxencia.
No exterior ensináronnos as ferramentas fundamentais de traballo: bombas de auga, mangueiras, tixeiras e tenazas xigantes e pesadísimas, bombonas de oxíxeno,... e por suposto a súa vestimenta ( botas, casco, guantes, mascarilla,...)e os distintos tipos de camións.
E por si fora pouco fixeron algunhas demostracións no ximnasio, baixando a cucaña, subindo a corda,... UN GRAN APLAUSO PARA TODOS ELES.
A actividade desenvolveuse facendo fincapé na importancia de levar unha vida saúdable e facer exercicio físico, ademáis de ser moi organizado para desenvolver o TRABALLO DUN BOMBEIRO.
O pasamos moi ben apagando lume coas mangueiras e paseando no camión de bombeiros.
Moitas grazas aos bombeiros pola súa dedicación e polo seu tempo.
O venres 10 de maio tivemos a gran sorte de ir ao cole onde estaremos o vindeiro curso. As mestras e mestres e os nenos e nenas recibíronnos con moito agarimo e ilusión.
Pasámolo moi ben participando cos maiores de Fleming.