Mostrando entradas con la etiqueta XOANIÑAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOANIÑAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2026

VIOLETA MONREAL, ILUSTRADORA E ESCRITORA

Para finalizar o noso proxecto anual, ARTEllando no Vilalaura, trouxemos a ilustradora Violeta Monreal, para realizar tres obradoiros, un por cada nivel, onde ía creando personaxes únicos transmitíndonos ao mesmo tempo os seus valores fundamentais como son a confianza nas nosas ideas, o respeto á creatividade do outro. o valor da constancia e a beleza do imperfecto.

Gran ilustradora con mans de fada e corazón de nena achégase aos máis cativos a través dun mundo de fantasía. Trasgos, bruxas e dragóns salen da súa bolsa e das súas mans un incrible despliegue de imaxinación e destreza.

Unha visita marabillosa e fantática!!

                                


miércoles, 13 de mayo de 2026

AS NOSAS CIDADES

Co gallo do Día do libro seguimos "Artellando" e neste caso partindo do conto "Non é unha caixa" de Antoinette Portis construimos cada aula a súa cidade, entre todos fixemos unhas construcións únicas.



sábado, 25 de abril de 2026

Limpando dentes...

Desde a Clínica Bastida visitaron a nosa escola para concienciarnos e explicarnos como manter sanos os dentes. Cepillaron ao dinosaurio e cantamos cancións de como loitar contra a carie.



viernes, 25 de octubre de 2024

Os rapaces e rapazas de 5 anos visitan o Museo Liste

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil visitaron o Museo Liste e foron de colleita a través do túnel do terror recollendo froitos para poder subsistir no inverno: millo, mandarinas, chourizos, noces e castañas. Fixeron algunha manualidade e diferentes xogos.

Clicar na imaxe ou enlace para visualizar o vídeo.

https://drive.google.com/file/d/1d-3zLj7LMq5vllTmfxy-agSrNKiXo9o-/view?usp=sharing

sábado, 3 de febrero de 2024

OBRADOIROS DE SAÚDE BUCODENTAL

As alumnas do Instituto de Ricardo Mella da man da nai de Adrián da clase dos Piratas, viñeron a explicarnos o importante que é ter unha boa hixiene bucal, fixemos uns obradoiros onde participamos todos e pasámolo moi ben. 

Grazas Leticia por darnos esta oportunidade de aprender xuntos.




lunes, 19 de septiembre de 2022