viernes, 27 de marzo de 2020

lunes, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DA SEMANA 23 DE MARZO


ACTIVIDADES PARA 4º EDUCACIÓN INFANTIL

https://drive.google.com/open?id=1BJUnT74IvfA5psUlEyGq50b-9XmRTFn0


ACTIVIDADES PARA 5º EDUCACIÓN INFANTIL

As rutinas  da asamblea cada titora mandou as que fan na aula cada una a súa a través da aplicación Remind
https://drive.google.com/open?id=1Y7qUSPQJINXQkm0K61UKO9gMhjf69ZVu

ACTIVIDADES PARA 6º EDUCACIÓN INFANTIL

https://drive.google.com/drive/folders/1G6DQZioKTE3Plt39Od7ERRvbIAdqLavT?usp=sharing

PORTAL APRENDO EN CASA

Na pestaña de familias ofrécense unha relación de ferramentas, webs e aplicacións que vos poden axudar a complementar a formación dos rapaces e a desenrolar actividades de carácter mais lúdico en familia.
Resultado de imagen de portal aprendo en casa

https://aprendoencasa.educacion.es/

martes, 17 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO


Bos días Familias,

En primeiro lugar, gustaríanos manifestarvos o noso desexo de que toda a situación extraordinaria resólvase o antes e mellor posible, e de que todos/as estedes ben de saúde.
Manifestar tamén a idea de tratar de ver sempre ou lado positivo a todo o que nos sucede, pois se afrontan de diferente xeito e con máis éxito cada un dos problemas que nos suscita a vida. Agora é tempo de estar en casa (o/a que poida) e de gozar dos fillos/as, que moitas veces esta sociedade e os ritmos de vida non nolo permite.

Vós, as familias, sodes as educadoras nº1 de vuestrso fillos/as, non o esquezades. O voso labor educativo en casa é e será moi importante ao longo da súa vida académica. En concreto, en infantil, a estimulación que reciben no fogar é de suma importancia e nótase, a posteriori, nas aulas. E aínda que a escolarización apórtanos unha parte moi importante en esta educación como é a socialización, haberá que prescindir desta, aínda que se pode suplir en parte a través de posibles chamadas telefónicas ou videoconferencias a través do whatsapp a familiares e amigos/as.

Como afrontar estes días?  
Creemos que é de suma importancia o manternos activos. Así mesmo, creemos que é necesario establecer rutinas e horarios a diario tanto para facer actividades didácticas como para outras máis lúdicas.
Lembrar que nesta etapa é moi importante o xogo, onde se basea a gran maioría da súa aprendizaxe, e tratar de non abusar das TIC (móbiles, tablets..), nin da televisión.

Estes días, seguiremos en contacto a través do blog e remind, aportando novas ideas e actividades a desenvolver cos vosos fillos así como para resolver todo tipo de dúbidas ó respecto.

SUXERENCIAS :


 4º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL
https://drive.google.com/drive/folders/10orfTaB_jIHUooE8xWQbIG2bB8MXd5e0?usp=sharing

 5º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL
https://drive.google.com/open?id=1C19Dh9qDl9UPpRdqPUoRxxRrJLEO106F


 6º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL

SUXERENCIAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
https://www.symbaloo.com/home/mix/propuestaseducativascas

ACTIVIDADES DA TEACHER BETTY
https://drive.google.com/open?id=152E7VOTHFMB1vFdMjhQsnHb7_nWpaC-r

ACTIVIDADES HORTA
https://drive.google.com/open?id=14_TnbfXWpJEh_TqaPFenmLQ3ry3v9Y74


Desexarvos novamente unha boa corentena onde, entre todos, cada un co seu aporte persoal, sexa traballando ou quedándose en casa, conseguiremos vencer este virus e volver á nosa rutina diaria con aires renovados!

Superarémolo, estamos convencidos!

Un abrazo grande de parte de todo o profesorado da E.E.I. Vila Laura


miércoles, 11 de marzo de 2020

8 DE MARZO EN VILA LAURA


CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA CANTAMOS TODOS XUNTOS NO PATIO "LA PUERTA VIOLETA" 





lunes, 9 de marzo de 2020

Recuncho dos POLOS

Pouco a pouco, coa aportacións das familias da aula dos PINGÜÍNS, imos creando o "Recuncho dos Polos" onde o noso alumnado aprende e se divirte con todo o material que aquí imos tendo.
E os nenos/as moi felices de poder contar aos demáis todo o que aprenderon e saben.
Grazas, unha vez máis, polas vosas aportacións e polo voso tempo.


GAEL cun puzle que trouxo á aula


LAIA contándonos unha curiosidade, de o por qué dunha extensa mancha rosada na neve da Antártida.

Queredes saber máis acerca disto? Podedes ler máis no seguinte enlace:




MATEO mostrando un mapa, identificando distintos animais e clasificándoos en función de si viven no Polo Norte ou Polo Sur


E así vai collendo forma o noso "Recuncho dos Polos"



domingo, 1 de marzo de 2020

ENTROIDO EN VILA LAURA 2020


Este ano o cole decorámolo empregando materiais de refugallo: botellas, vasos de iogur, rollos de papel... e desfilamos o venres 21 libremente, todos foron o que quiseron ser, transformáronse nunha mañán en todo aquilo que desexaban e que só no entroido é  posible.

GRAZAS FAMILIAS POR ESAS RIQUÍSIMAS E SABOROSAS MERENDAS