jueves, 22 de febrero de 2024

Vila Laura no Entroido

                                         Clicar na imaxe para visualizar o vídeo.

                                                     https://drive.google.com/file/d/1RcOijeBxzoEhGvJoo6zEQauKbsg_YWRj/view?usp=drive_link

sábado, 17 de febrero de 2024

O entroido dos nosos avós e avoas.

Durante a semana do Entroido visitáronnos os avós e avoas para contarnos como vivían o Entroido cando eran cativos. 
Fixemos un percorrido por Vigo, Pontevedra, Cangas, Serra do Outes, Silleda e Pobra do Caramiñal. Faláronnos da súa vestimenta, das festas e tivemos a sorte algúns de probar unhas boas filloas.

Grazas a todos pola vosa participación.

https://drive.google.com/file/d/1fsGIZ54mGLacSEhbtYhmlsCO1iMhI3Gk/view?usp=sharing

Ademáis, dende Vila Laura nas ondas recolléronse as entrevistas que os nenos e nenas fixéronlle aos nosos maiores. 
Tedes os podcast na páxina web do cole.
Abelliñas e Xirafas: https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=node/411
Piratas e Astronautas: https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=node/412
Osiños e exploradores: https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=node/413
Xoaniñas: https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=node/414


sábado, 3 de febrero de 2024

OBRADOIROS DE SAÚDE BUCODENTAL

As alumnas do Instituto de Ricardo Mella da man da nai de Adrián da clase dos Piratas, viñeron a explicarnos o importante que é ter unha boa hixiene bucal, fixemos uns obradoiros onde participamos todos e pasámolo moi ben. 

Grazas Leticia por darnos esta oportunidade de aprender xuntos.




viernes, 2 de febrero de 2024

VISITA DO MERDEIRO

A Asociación Etnográfica "A Merdeira" de Vigo visitounos para explicarnos o personaxe do Merdeiro, a súa orixe, a vestimenta, as máscaras e contáronnos por que pasan polas rúas amolando a toda a xente coa que se atopa. 



Tedes o podcast de Vila Laura nas ondas na páxina web do cole ou clicando no seguinte enlace:

 

jueves, 1 de febrero de 2024

DÍA DA PAZ EN VILA LAURA

Comenzamos celebrando o día da Paz facendo no patio uns Círculos de Silencio contra a existencia das guerras e seguimos construindo unha ponte entre todos. 
Visitáronnos os nenos/as de 4º ESO do IES do Castro e participamos xuntos dunha xornada de convivencia onde disfrutamos todos deste gran día.