jueves, 19 de mayo de 2022

Pingüi - noticias 11 Ed.

Xa temos connosco unha nova edición do noso "PINGÜI-NOTICIAS" despois destes días de descanso.

Destacar que é o propio alumnado o que pide facer esta actividade lectoescritora que resulta tan lúdica para eles/elas.

Disfrutade lendo as seguintes noticias!

(premer na imaxe)


viernes, 13 de mayo de 2022

NO VILA CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

HOXE É O DÍA GRANDE DAS LETRAS GALEGAS, HOUBO MOITAS PROPOSTAS PARA TRABALLAR CO NOSO HOMENAXEADO “FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN”, PERO XA LEVAMOS MOITO TEMPO TRABALLANDO NELAS...AS NOSAS LETRAS...

AS LETRAS GALEGAS

Por primeira vez, a Real Academia galega anunciou o nome do homenaxeado no mes decembro, o que favoreceu poder incluílo nas nosas programacións.

Xa dende esa data no taboleiro da sala do profesorado foi aparecendo información relativa ao homenaxeado.



Nestas derradeiras semanas os vosos fillos e fillas  fixeron actividades  na aula e outras que partiron do Equipo de Dinamización da Lingua galega da escola.









Bravooooooooooooo!👏👏👏👏








Estade atentas, familias, ao noso blogue pois irá completándose coas actividades dos vosos fillos e fillas!


NO DIA DE HOXE, OS VOSOS FILLOS E FILLAS APRENDERON, ESCOITARON, POEMAS DE FLORENCIO POIS VEUNOS VISITAR !!!!!!!



Contounos a súa complicada vida de exilio, viaxes, amores, obras... coidamos que debiamos aprender do pasado e evitar a súa repetición no presente pero o humano ten que educarse máis.... Forza e ánimo para todos!

 José Miguel Delgado neto de Florencio Delgado Gurriarán

"Pero algo que decía mucho mi padre, y que me gusta destacar, es que mi abuelo era un ciudadano del mundo

LER ENTREVISTA COMPLETA AO NETO




E ADEMAIS...

Este é un interesante enlace que recompila cancións da tradición galega, cousa que adoraba Florencio...

https://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/pasatempos/cantigas.htm


E aquí tedes unha relación das actividades propostas para o noso traballo con enlaces moi, moi interesantes para coñecer a vida e obra de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

O Seminario Galán ofrece moitos recursos interesantes. A páxina está organizada en diferentes pestanas e  opcións. Recomendamos :

GALERÍA DE FOTOS    http://seminariogalan.org/inicio/2022/fotografias

UNIDADES DIDÁCTICAS  http://seminariogalan.org/inicio/2022/documentos

Ademais:

VÍDEO DA SÚA VIDA DEBUXADO NUN ENCERADO  https://www.youtube.com/watch?v=9dhQt20U-Js

ESCOLMA DE TEXTOS  Os poemas seleccionados son os que teñen o número (a páxina son tres números máis):

2, 4, 5, , 8, 9, 10, 11, 17, 20 

A escola completa, aquí https://es.calameo.com/read/006704766686659c164e3

ACTIVIDADE INTERACTIVA PARA TRABALLAR O O POEMA “OS TRINTAS” , BANDA, INSTRUMENTOS

https://view.genial.ly/61bda20e74907f0e36a545a8/interactive-content-os-trintas

OUTROS VÍDEOS DA SÚA VIDA https://academia.gal/letras-galegas/2022/florencio-delgado-gurriaran/videos

VÍDEOS NO PORTAL DA RAGALEGA... CURTAS para persoas adultas, VIDEOS... https://www.youtube.com/watch?v=J4W5JxWd0ds

UNIDADES DIDÁCTICAS MAGOSTO, ONDE APARECEN VARIOS TEXTOS DO HOMENAXEADO: O CARBALLO…

https://es.calameo.com/books/0064820750dae9a573972

👂Para escoitar: Muiñeira de Limiñoa - Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (The Tambourine Man 2015) - YouTube


Tamén informarvos de que rematamos as dúas propostas do pasado curso e que precisaron de traballo neste.

“AS PORTAS DA ESCOLA”

Debido á nova situación da pandemia, no 2020, tivemos que organizar as entradas polas 5 portas diferentes da escola o que fixo imprescindible chamalas dalgún xeito. O pasado curso escollemos os nomes e  neste todo o alumnado participou na elaboración da cartelería. Coa axuda do TALLER 13 , PINTARON OS AZULEXOS QUE HOXE ADORNAN AS ENTRADAS

QUEDOU REALMENTE PRECIOSO!💓💖E QUEDARÁ A SÚA PEGADA PARA SEMPRE...













“O MEU LIBRO FAVORITO”

Despois de rexistrar todas as vosas achegas ampliamos os fondos da biblioteca.

Outras actividades :

Na procura dun logo que identificara ao EDLG...foron evolucionando ata chegar ao último:


Que vos parece?

BIBLIOTECA Grazas a todo o profesorado se organizou e clasificou os fondos da biblioteca e coa cartelería en galego.




Tamén celebramos un sentido “DÍA DA PAZ” co lema “XUNTOS POR UN MUNDO EN PAZ”


OS MAIOS

Neste curso dúas aulas do sexto nivel, fixeron unha saída ao MUSEO LISTE, en Vigo. Volveron contentos e ilusionados con ela.


Adxuntamos enlaces relacionados coa tradición:

https://www.bierzotv.com/levantate-maio-bastante-durmiche-pasou-un-burro-e-non-o-sentiche/

http://bierzocultura.blogspot.com/2020/04/a-festa-do-maio-traves-dos-seus-carteis_26.html

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnicolasrio/node/1111

👀Neste podemos ver o proceso da a súa confección:

http://vagalumedalingua.blogspot.com/2019/06/o-noso-maio-polo-dia-das-letras-galegas.html

 AO LONGO DO CURSO...

Levamos ao fin moitas actividades que coidan e protexen a nosa lingua propia… unhas moi sinxelas e outras máis complexas, pero sabemos que queda moito traballo e camiño por diante.

Grazas ao Servizo de Normalización Lingüística SLN do Concello de Vigo, que donou á escola láminas, para achegar ás familias, de vocabulario temático e tradicións das nosa terra: o Magosto, Samaín, a Reconquista de Vigo e a praia. 

Podedes mergullarvos polo blogue da escola http://vilalaurainfantil.blogspot.com/ pero aquí vos deixamos unha serie de enlaces directos a algunhas delas:

SOBRE A NOSA HORTA :

http://vilalaurainfantil.blogspot.com/2022/05/ervillas-con-xamon.html

http://vilalaurainfantil.blogspot.com/2022/02/unha-mana-na-horta.html

DÍA DO LIBRO:

http://vilalaurainfantil.blogspot.com/2022/04/dia-do-libro.html

http://vilalaurainfantil.blogspot.com/2022/04/a-voar-con-ce-orquestra-pantasma-en.html

A RECONQUISTA DE VIGO:

http://vilalaurainfantil.blogspot.com/2022/03/8-marzo-en-vigo-reconquista.html

DÍA DA MULLER

http://vilalaurainfantil.blogspot.com/2022/03/8-marzo-o-vila-viste-de-violeta.html

ENTROIDO

 https://drive.google.com/file/d/1JAHm-PNe2ClFn8ajfgtxQ-_gHofvI64l/view

DÍA DE ROSALÍA https://drive.google.com/file/d/1b15f420Jao2ZCMgMmNvjRZenZYYSMYaC/view

PROXECTO ANUAL “e TI, DE QUEN VÉS SENDO?” O MAGOSTO E SAMAÍN.

http://vilalaurainfantil.blogspot.com/2022/01/e-ti-de-quen-ves-sendo.html

Moitas grazas polas vosas aportacións, pero temos que Informarvos que tivemos que renunciar ao noso proxecto pois creemos que a “fatiga pandémica” fixo estragos en todos nós. Pero a idea estivo con nós , sempre.


GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, UNHA ENORME APERTA E BOAS                         VACACIÓNS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

 

jueves, 12 de mayo de 2022

Día das Letras Galegas 2022

Os nenos/as de 5º de Infantil escollimos o poema de "Os Trintas" de Florencio Delgado e o representamos na Biblioteca todos xuntos. Fixemos un mural cheo de instrumentos, aquí os deixamos o vídeo:





martes, 3 de mayo de 2022

ERVILLAS CON XAMÓN

Recollemos ervillas e fabas na horta, das que sementamos en outono. 
Despois preparamos unha receta con xamón e logo a comemos! Riquísimo!



 

PINGÜI - NOTICIAS 10ª Ed.

E xa van 10 edicións!!

O que comezou sendo unha actividade máis para motivalos cara a escritura, resultou ser unha tarefa semanal de obrigado cumprimento onde o propio alumnado pedía escribir, tratando de reflexar fielmente todo aquelo que lles aconteceu nos días anteriores!

Están feitos/as uns periodistas de primeira!!

Non vos perdades esta décima edición!!

P.D. Teño que recoñecer que nin nos meus mellores soños creín que esta actividade tería tanto éxito. E... quen son eu para poñerlles límite a estes cativos?

(premer na imaxe para visualizar o "Pingüi-noticias")