viernes, 28 de abril de 2023
Día do Libro 2023
miércoles, 15 de junio de 2022
Pingüi - noticias 12ª Ed.
Sinceiramente, nunca foi un obxectivo facer ata un total de 12 edicións diferentes con estas "Pingüi-noticias" que se publican hoxe.
O obxectivo era motivalos/as para que quixeran escribir, expresarse a través da linguaxe escrita; que quixeran expresarse a través das palabras e, deste xeito, fomentar a escritura e o gusto por ler o que redactaron o resto dos seus compañeiros/as.
E sendo ésta a doceava edición, que dicir destes "Pingüíns"... que poden conseguir todo aquelo que desexen!
Disfrutade desta nova edición!
jueves, 19 de mayo de 2022
Pingüi - noticias 11 Ed.
Xa temos connosco unha nova edición do noso "PINGÜI-NOTICIAS" despois destes días de descanso.
Destacar que é o propio alumnado o que pide facer esta actividade lectoescritora que resulta tan lúdica para eles/elas.
martes, 3 de mayo de 2022
PINGÜI - NOTICIAS 10ª Ed.
E xa van 10 edicións!!
O que comezou sendo unha actividade máis para motivalos cara a escritura, resultou ser unha tarefa semanal de obrigado cumprimento onde o propio alumnado pedía escribir, tratando de reflexar fielmente todo aquelo que lles aconteceu nos días anteriores!
Están feitos/as uns periodistas de primeira!!
Non vos perdades esta décima edición!!
P.D. Teño que recoñecer que nin nos meus mellores soños creín que esta actividade tería tanto éxito. E... quen son eu para poñerlles límite a estes cativos?
lunes, 25 de abril de 2022
PINGÜI - NOTICIAS 9ªEd
miércoles, 20 de abril de 2022
PINGÜI -- NOTICIAS 8ª Ed
E con ésta, xa van oito edicións do noso "Pingüi--noticias". Sen dúbida, un éxito!
Esta actividade lectoescritora, na que o noso alumnado disfruta transmitindo a través do papel, converteuse nun medio no que eles/elas sinten esas gañas de querer contar aquelas noticias súas máis importantes da fin de semana.
A 8ª edición mostra o acontecido co noso alumnado durante as vacacións de Semana Santa.
Disfrutade lendo igual que os nenos/as disfrutaron elaborando!!
lunes, 4 de abril de 2022
PINGÜI -- NOTICIAS 7ª Ed.
Xa temos connosco o "PINGÜI -- NOTICIAS" deste fin de semana, co que xa levamos un total de 7 edicións.
FELICIDADES aos nosos relatores/as!!
martes, 29 de marzo de 2022
PINGÜI -- NOTICIAS 6ª ED.
E CON ÉSTA, XA VAN 6 EDICIÓNS DO "PINGÜI-NOTICIAS" SEMANAL CO MÁIS DESTACADO DESTA PONTE NA AULA DOS PINGÜÍNS.
COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, A RECONQUISTA CENTROU GRAN PARTE DO XORNAL.
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES LÉNDOAS!!
lunes, 21 de marzo de 2022
PINGÜI - NOTICIAS 5ª Ed.
Xa está connosco a 5ª edición do "PINGÜI-NOTICIAS".
Esperamos que disfrutedes lendo as novas máis destacadas da fin de semana!
lunes, 14 de marzo de 2022
PINGÜI - NOTICIAS 4ªEd.
Xa está publicada a 4ª edición do noso "PINGÜI - NOTICIAS" co máis destacado da fin de semana!
Como todos os luns, dende fai catro semanas, o alumnado chega con ganas de contar (e plasmar no papel) aquelas noticias que lle sucederon nos días pasados. O que máis abunda esta semana son as películas e as vacunas!!
Podedes leelo premendo na imaxe ou no enlace que aparece máis abaixo.
DISFRUTADE DA LECTURA COAS VOSAS FILLAS/OS!!!
https://drive.google.com/file/d/1tsZYUt2cZ9dX_5D1_nIDi6RHcbVhNuXA/view?usp=sharing
lunes, 7 de marzo de 2022
Terceira edición do PINGÜI NOTICIAS
A continuación vos deixamos as noticias máis destacadas deste fin de semana, no que xa é a nosa terceira edición.
Disfrutade lendo igual que o noso alumnado disfruta contándoo.
https://drive.google.com/file/d/1k6UQa_A889ZWgjcljIIFo4r3T7DnlYWf/view?usp=sharing
jueves, 3 de marzo de 2022
PINGÜI - NOTICIAS 2
lunes, 21 de febrero de 2022
PINGÜI -- NOTICIAS
Na aula dos PINGÜÍNS elaboramos hoxe a primeira edición do noso xornal da fin de semana.
Neste "PINGÜI -- NOTICIAS", o alumnado quixo destacar cousas que para eles/elas foi de interese. Despois de elaboralas, puxémolas en común, onde cada un/unha explicounos a súa NOTICIA con máis detalle.
Esperamos e desexamos que vos guste, e que a actividade sexa o suficientemente motivadora para que os/as PINGÜÍNS queiran seguir a elaborar máis edicións.
Aquí vos presentamos o noso xornal:
https://drive.google.com/file/d/1bsG4VBiBsz-BLoAouxEvxPBmoKtm1zFB/view?usp=sharing
jueves, 20 de enero de 2022
CRUCIGRAMA PREHISTORIA
A continuación vos deixamos unha encrucillada da PREHISTORIA elaborada por NORA e a súa familia. Aproveitamos na aula para levar a cabo, primeiro de forma conxunta e posteriormente de xeito individual, dito pasatempo de interese.
Podedes descargar as imaxes e facer a encrucillada na casa xunto ao voso fillo/a!
jueves, 21 de octubre de 2021
CHEGOU PINGÜI
DESPOIS DUNHA POSTAL E DE MÚLTIPLES PISTAS QUE NOS FOI DEIXANDO PINGÜI AO LONGO DESTES DÍAS PASADOS,
POR FIN CHEGOU ONTE PINGÜI Á NOSA AULA, UNHA CHEGADA MOI DESEXADA POR TODOS NÓS.
martes, 5 de octubre de 2021
POSTAL DE PINGÜI
DADO QUE O NOSO ALUMNADO SE INTERESOU POR PINGÜI ESCRIBÍNDOLLE UNHA CARTA DÍAS PASADOS, A SÚA RESPOSTA NON SE FIXO AGARDAR E, A NOSA MASCOTA, CONTESTOUNOS A TRAVÉS DUNHA POSTAL CHEGADA DA ANTÁRTIDA.
jueves, 30 de septiembre de 2021
COMEZAMOS CO PROXECTO NA AULA DOS PINGÜÍNS
HOXE NA AULA DOS PINGÜÍNS, E TRAS VARIOS DÍAS FALANDO DESTA TEMÁTICA, DECIDIMOS TRABALLAR A PREHISTORIA E APRENDER COUSAS ACERCA DESTE MOMENTO.
ASÍ FOI QUE RECOLLEMOS AS IDEAS PREVIAS E, DE FORMA CONXUNTA, ELABORAMOS UNHA NOTA PARA LEVAR A CASA E INFORMAR ÁS NOSAS FAMILIAS, XUNTO CUN DEBUXO RELACIONADO.
A CONTINUACIÓN PUBLICAMOS UNHA MOSTRA DESAS NOTAS ASI COMO DAS IDEAS PREVIAS:
viernes, 24 de septiembre de 2021
Carta a Pingüi
Hoxe o alumnado de 5 anos da aula dos Pingüíns, cansos de esperar polo regreso da súa mascota (marchou antes de aparición desta pandemia), decidiron escribirlle unha carta (función práctica da linguaxe escrita).
Esperamos que chegue ao seu destino e volver ter noticias pronto de PINGÜI.