martes, 23 de abril de 2019

ULTIMOS EXPERIMENTOS DAS ABELLIÑAS!!!

Rematado xa o segundo trimestre preséntovos os últimos experimentos que nos viñeron a ensinar a aula Cristina e Alba, a nai e irmá de Bruno; Marta, a nai de Valentina; María, a nai de Martina; Cristina Martín, a nai e o irmán de Ulises e Carlos, un dos nosos científicos da clase. Déixovos un vídeo destes experimentos:

  1. A piña máxica, unha piña que se abre ou pecha se se molla
  2. Reloxo de area pero con xiz de cores.
  3. Carreira de barcos empregando imáns.
  4. Observamos a través do microscopio distintas mostras.
  5. Fixeron un volcán de lava expectacular
  6. Descubriron como facer nubes e como cae a choiva.
MOITAS GRAZAS MAMIS POLA VOSA COLABORACIÓN.

ULISES PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Empezamos a semana cos xoguetes preferidos de Ulises, os Superzings!!! Veu cargado deles, de coches, de estacións...encantoulles a todos poder xogar con eles. Ensinounos algúns xogos de madeira cos que xogaba e xoga, e veu a súa familia a mostrarnos un álbum que recollía os mellores momentos de Ulises e o seu irmán tamén nos contou un conto.
Despois, aproveitando que estabamos co proxecto dos científicos, fixeron un experimento que lles fascinou, un volcán de lava!!! E despedimos a súa familia ao son de "súbeme la radio".
Os seus avós tamén nos visitaron outro día, leéronnos un dos contos preferidos de Ulises e trouxéronnos unha merenda exquisita, pan con marmelo, galletas, e algunha froita.

MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!


sábado, 13 de abril de 2019

NEREA PROTAGONISTA DA SEMANA!!!

Os pais de Nerea viñeron a visitarnos para contarnos como era de bebé, que é o que máis lle gustaba e como a medida que foi crecendo foi cambiando de gustos... Vimos unhas fotos na pantalla de cando era pequena, da súa familia, dalgún viaxe... e trouxéronnos para endulzar a boca unhas chuches.

GRAZAS PAPIS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.