viernes, 21 de febrero de 2020

Máis aportacións dos POLOS

O xoves GAEL nos trouxo máis información acerca dos POLOS, con animais feitos en papiroflexia (baleas, focas, pingüíns, osos e zorros polares). A continuación, clasificámolos! Cales viven no polo norte e cales viven no polo sur?
E tamén falamos acerca da "Rosa dos Ventos", que marca os puntos cardinais. Cara onde colleu PINGÜÍN para ir cara a súa casa?




jueves, 20 de febrero de 2020

Obradoiro de antefaces

Onte mércores visitounos a nai de ALMA e con ela levamos a cabo un obradoiro de antefaces que libremente pintaron e decoraron, actividade que lles gustou moito e resultou moi motivadora! Previamente Paola contounos un conto relacionado co obradoiro posterior, titulado "Os disfraces dos animais".

Moitas grazas pola participación!

E animámosvos dende aquí a que veñades a nosa aula a facer cousas cos vosos fillos/as, preferentemente relacionado co noso proxecto: contar un conto, desenvolver algunha tarefa ou actividade,...






Qué ven o pasamos no obradoiro de antefaces!!

lunes, 17 de febrero de 2020

Cousas do Polo

A semana pasada, dúas alumnas da aula dos PINGÜÍNS aportaron novos materiais, contándonos a todos na asemblea todo o que elas saben ao respecto, e mostrando os traballos feitos coas súas familias na casa.
Moitas grazas polas vosas aportacións!


Momento da explicación feita por ANA


Explicación feita por NORA


jueves, 6 de febrero de 2020

ANIVERSARIO DE ANA

Hoxe conmemoramos na nosa aula o aniversario de ANA.
Coma sempre, cantámoslle as cancións de felicitacións, soprou a vela co número 4, felicitámola e degustamos todos xuntos un rico biscoito!


FELICIDADES ANA!!

martes, 4 de febrero de 2020

ASÍ CELEBRAMOS O DIA DA PAZ


Este ano comenzamos a semana para festexar o Día da Paz partindo do conto "No hay tiempo" de Annabelle Rios. Da man deste libro reflexionamos sobre o tempo que adicamos, ou non, no noso día a día, ás cousas verdadeiramente importantes. 
Mostramos esta realidade pendurando nunha rede cos botes de cristal que trouxeron todas as familias e onde está gardado un tempo importante e valioso para eles, e que podemos ver seguindo os barquiños de papel  e que levan escrito outro momento importante para ás familias.
Por outra banda, puxemos nos corredoiros unhas Pombas da Paz decoradas con plumas onde as familias tamén escribiron unha mensaxe que recolle un momento, unha experiencia, un anaquiño do tempo tan importante e tan escaso.

E como punto final, cantamos todos xuntos a canción "Odio por amor" de Juanes.


MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.





lunes, 3 de febrero de 2020

Novas aportacións

Na aula dos PINGÜÍNS seguimos a ter novas aportacións de material relacionado co noso proxecto.

A pasada semana LEIRE nos trouxo un libro con moita información dos PINGÜÍNS; LAIA contounos todo o percorrido que fixo o noso amigo dende a escola ata a súa casa na ANTÁRTIDA , así como nos falou acerca da FOCA WEDDELL; e ALBA fixo dous murais, nun deles contounos máis cousas acerca desta ave, e doutros animais que tamén viven no POLO SUR.


LAIA MOSTRANDO O PERCORRIDO



DOUS MOMENTOS NOS QUE ALBA FALOU DO PINGÜÍN E DOUTROS ANIMAIS DA ANTÁRTIDA


LEIRE CO SEU LIBRO