martes, 4 de febrero de 2020

ASÍ CELEBRAMOS O DIA DA PAZ


Este ano comenzamos a semana para festexar o Día da Paz partindo do conto "No hay tiempo" de Annabelle Rios. Da man deste libro reflexionamos sobre o tempo que adicamos, ou non, no noso día a día, ás cousas verdadeiramente importantes. 
Mostramos esta realidade pendurando nunha rede cos botes de cristal que trouxeron todas as familias e onde está gardado un tempo importante e valioso para eles, e que podemos ver seguindo os barquiños de papel  e que levan escrito outro momento importante para ás familias.
Por outra banda, puxemos nos corredoiros unhas Pombas da Paz decoradas con plumas onde as familias tamén escribiron unha mensaxe que recolle un momento, unha experiencia, un anaquiño do tempo tan importante e tan escaso.

E como punto final, cantamos todos xuntos a canción "Odio por amor" de Juanes.


MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.





No hay comentarios:

Publicar un comentario