martes, 21 de diciembre de 2021

jueves, 9 de diciembre de 2021

Reciclando

Na aula dos PINGÜÍNS, tan concienciados/as co coidado do medio ambiente, ademáis de reciclar os plásticos cada semana, comezamos estes días tamén o proceso de RECICLAXE do PAPEL usado na clase.

Así, ademáis de coñecer os diferentes pasos para RECICLAR, estamos a darlle un segundo uso ao noso papel e, deste xeito, contribuír a que non haxa que talar tantas árbores para conseguir este material.

PRIMEIRO PASO: RECORTAR PAPEL USADO




SEGUNDO PASO: BOTAR AUGA AO PAPEL RECORTADO




TERCEIRO PASO: MESTURAR AMBOS ELEMENTOS REMEXENDO 




CONTINUARÁ...



sábado, 20 de noviembre de 2021

20N -- DÍA UNIVERSAL DA NENA/O

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o "DÍA UNIVERSAL DA NENA/O", onde recordamos os dereitos que teñen todos os nenos e nenas do mundo: dereito á sanidade, á igualdade, o dereito a ter unha vivenda, unha educación, unha familia, a poder xogar,... 



Un dos momentos nos que o alumnado estaba a elaborar o mural relacionado con este día.


Mural elaborado entre todas as nenas e nenos da aula



viernes, 19 de noviembre de 2021

MÁIS ELEMENTOS DA PREHISTORIA

Onte ALMA contounos qué é un SILEX e qué funcións tiña, así como cal era o proceso para traballar as peles coas que abrigarse a posteriori nesta etapa prehistórica.


ALMA mostrándonos o SÍLEX que elaborou na casa coa súa familia


Momento da explicación sobre o tratamento das peles.


APORTACIÓNS AO PROXECTO

Esta semana tivemos novas e interesantes aportacións ao noso proxecto da PREHISTORIA.


LÚA mostrounos unha tea (pel dun animal da prehistoria) coa que cosían as súas roupas naquela época.


ALMA tróuxonos un fermoso colar feito con osos de animais e con colmillos, recreando á perfección os colares que facían na PREHISTORIA.



Outros momentos nos que ALMA nos mostrou vestimenta feita, imitando aos homes e mulleres primitivos.


jueves, 21 de octubre de 2021

CHEGOU PINGÜI

DESPOIS DUNHA POSTAL E DE MÚLTIPLES PISTAS QUE NOS FOI DEIXANDO PINGÜI AO LONGO DESTES DÍAS PASADOS,


POR FIN CHEGOU ONTE PINGÜI Á NOSA AULA, UNHA CHEGADA MOI DESEXADA POR TODOS NÓS.



E CON ÉL CHEGOU UNHA NOVA MENSAXE, PISTAS QUE ESTIVEMOS A DESCIFRAR ENTRE TODOS


ELES/ELAS NON O SABEN PERO... ESTÁN LENDO!!



viernes, 8 de octubre de 2021

Aportacións ao proxecto

Esta semana as nosas compañeiras LAIA, ALMA e IRIA trouxéronnos á aula varios libros relacionados coa temática do noso proxecto, sobre a PREHISTORIA. Gustáronnos moito!!



Grazas polas vosas aportacións!!


miércoles, 6 de octubre de 2021

Aniversario de GAEL

Esta semana conmemoramos na nosa aula, a dos PINGÜÍNS, o aniversario de GAEL que cumpríu xa a idade de 5 ANOS.

E dado que seguimos co COVID-19 a voltas, atopamos "outras formas" de celebralo na aula: postal de felicitación feita polos seus compañeiros/as e un rico biscoito de plastilina elaborado polo alumnado.


FELICIDADES GAEL

martes, 5 de octubre de 2021

POSTAL DE PINGÜI

DADO QUE O NOSO ALUMNADO SE INTERESOU POR PINGÜI ESCRIBÍNDOLLE UNHA CARTA DÍAS PASADOS, A SÚA RESPOSTA NON SE FIXO AGARDAR E, A NOSA MASCOTA, CONTESTOUNOS A TRAVÉS DUNHA POSTAL CHEGADA DA ANTÁRTIDA.




PODEDES RELEELA NA VOSA CASA COS VOSOS FILLOS/AS!!


jueves, 30 de septiembre de 2021

COMEZAMOS CO PROXECTO NA AULA DOS PINGÜÍNS

HOXE NA AULA DOS PINGÜÍNS, E TRAS VARIOS DÍAS FALANDO DESTA TEMÁTICA, DECIDIMOS TRABALLAR A PREHISTORIA E APRENDER COUSAS ACERCA DESTE MOMENTO.

ASÍ FOI QUE RECOLLEMOS AS IDEAS PREVIAS E, DE FORMA CONXUNTA, ELABORAMOS UNHA NOTA PARA LEVAR A CASA E INFORMAR ÁS NOSAS FAMILIAS, XUNTO CUN DEBUXO RELACIONADO.

A CONTINUACIÓN PUBLICAMOS UNHA MOSTRA DESAS NOTAS ASI COMO DAS IDEAS PREVIAS:








ANIMÁMOSVOS DENDE AQUÍ A APRENDER COAS VOSAS FILLAS/OS!!




viernes, 24 de septiembre de 2021

Carta a Pingüi

Hoxe o alumnado de 5 anos da aula dos Pingüíns, cansos de esperar polo regreso da súa mascota (marchou antes de aparición desta pandemia), decidiron escribirlle unha carta (función práctica da linguaxe escrita).

Esperamos que chegue ao seu destino e volver ter noticias pronto de PINGÜI.




martes, 22 de junio de 2021

GRADUACIÓN 5 ANOS

 Chegou o momento das despedidas ;pero non se trata dun adeus ...senón dun ata logo.

Nestes vídeos podedes desfrutar das graduacións dos nenos/as de 5 anos que remataron o seu camiño en infantil cheos de ilusión.

Nunca deixedes de soñar .

Bolboretas e osiños

Exploradores e indios 

  

 



viernes, 14 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 PARA SABER ALGO DA NOSA HOMENAXEADA.... 

XELA ARIAS



os indios e indias agasállannos con estes debuxos, grazas.

https://www.youtube.com/watch?v=ocI2QchH0mw

LETRAS GALEGAS 2021

 NESTAS DATAS RECOMENDAMOS, TAMÉN, SEGUIRLLE A PISTA A ESTE MARABILLOSO MÚSICO QUE É 

MAGÍN BLANCO

ESCOITAR O ABECEDARIO

Tamén incluímos o enlace para imprimir e colorear o abecedario



LETRAS GALEGAS 2021

 SEGUIMOS COAS ACTIVIDADES AGORA DANDO AS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR NA ACTIVIDADE "O MEU LIBRO FAVORITO"



LETRAS GALEGAS 2021

Un ano máis a escola desenvolve actividades para potenciar o uso da lingua propia de Galicia. Esta é unha das actividades propostas...  
E AGORA, ONDE IMOS? 
iremos subindo outras actividades, estade pendentes!

 

jueves, 25 de marzo de 2021

PREPARATIVOS PARA O TEATRO

Hoxe a aula dos PINGÜÍNS levará a cabo a dramatización e posta en escea dunha OBRA DE TEATRO relacionada co proxecto que estamos desenvolvendo na aula.

Dende aquí reivindicamos todos os aspectos positivos desta actividade, entre outros: expresión corporal, expresión xestual, oral, dramatización, vencer ese medo e timidez,... así como todos os detalles da preparación (os ensaios, a decoración dos materiais e escenario, a lectoescritura elaborando a invitación ao noso público asistente,...), e a ILUSIÓN co que este alumnado fai as cousas!


SAÚDO FINAL NO ÚLTIMO ENSAIO


PREPARANDO A DECORACIÓN DO ESCENARIO


INVITACIÓNS FEITAS NA AULA


ENTREGA DAS INVITACIÓNS


ENTREGA DAS INVITACIÓNS Á AULA DOS PIRATAS


jueves, 18 de marzo de 2021

ANIVERSARIO DE MATEO

Hoxe é o aniversario de MATEO polo que, na nosa aula, ademáis de cantarlle, tamén lle escribimos entre todos unha fermosa postal, como é tradición. E a través do noso xogo simbólico, sopramos as velas!

Tanto MATEO hoxe, como estes días pasados NORA, agasallaron aos compañeiros/as da clase cuns fermosos contos polos seus cumpreanos. Moitas grazas a ambos polo detalle!!



FELICIDADES MATEO!!!