viernes, 19 de noviembre de 2021

APORTACIÓNS AO PROXECTO

Esta semana tivemos novas e interesantes aportacións ao noso proxecto da PREHISTORIA.


LÚA mostrounos unha tea (pel dun animal da prehistoria) coa que cosían as súas roupas naquela época.


ALMA tróuxonos un fermoso colar feito con osos de animais e con colmillos, recreando á perfección os colares que facían na PREHISTORIA.



Outros momentos nos que ALMA nos mostrou vestimenta feita, imitando aos homes e mulleres primitivos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario