viernes, 28 de abril de 2023

Día do Libro 2023

Este ano, para conmemorar o "Día do Libro", invitamos ao alumnado de 6º de Ed.Primaria do CEP Fleming a vir realizar unha actividade de apadrinamento lector connosco.
Distribuídos por todos os espazos do noso centro escolar, cada alumno/a de primaria sentouse con 2/3 alumnos da nosa escola e léronlles uns contos de infantil.
Unha actividade moi fermosa!!

A continuación, levaron a cabo un taller de poesía de Gloria Fuertes co noso alumnado de 5 anos nas aulas.

Vos deixamos unha pequena mostra do que foi esta conmemoración no centro.

Podedes visualizar tamén, no blogue do CEP Fleming, un vídeo que resume dita actividade. Para visualizalo, premer AQUÍ.

































miércoles, 12 de abril de 2023

Día Mundial do Autismo

 No marco do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, toda a escola sumouse a campaña "Llamémoslo por su nombre", visibilizando o TEA e axudando a comprender a variabilidade que existe dentro do espectro do autismo (símbolo do infinito como arco da vella) realizando debuxos do infinito e lendo contos ou visionándoos.

Fixemos tamén no patio de abaixo unha Ginkana Psicomotriz en forma de infinito onde dúas aulas percorrían o circuito, ao final do cal os nenos/as pintaron un infinito multicolor xigante.