jueves, 4 de abril de 2024

En Vila Laura este curso conmemoramos o Día Mundial do Autismo lendo o conto "Al ritmo de los Animales", e enchando os corredoiros con murais onde os nenos e nenas da nosa escola poñen os animais cos que se senten identificados. Se clicades na imaxe podedes visualizar o conto.

Finalmente facemos o símbolo do infinito no patio todos xuntos. Se clicades na foto do infinito veredes o vídeo das distintas actividades.







 

miércoles, 3 de abril de 2024

Os nenos e nenas de 5º de Infantil estamos inmersos no proxecto das olimpíadas e durante o trimestre  os compañeiros e pais de Lola Garrido amosáronnos as artes marciais como o Kárate e da man da campiona de España, o Kobudo.

Tamén fixeron unha exhibición de patinaxe as campionas do mundo, Iria, María e Eliana.

O pai de Nuno mostrounos os riscos da escalada e descubrimos o ciclismo co pai de Manuel.