miércoles, 21 de diciembre de 2022

miércoles, 23 de noviembre de 2022

Aniversario de GWENN

Hoxe conmemoramos na aula o aniversario de GWENN que cumpre 3 ANOS.
Cantámoslle o "cumpreanos feliz", abrazámola,... e ela agasallounos cun fermoso conto que limos despois na aula.





Moitas grazas GWENN e moitas felicidades!

Refraneiro en galego

Co gallo de fomentar o uso do galego na súa expresión oral na nosa escola, esta semana pasada levamos a cabo o recitado nas aulas, e o xoves-venres ao resto dos compañeiros/as de nivel, dos refráns da nosa terra.

A experiencia foi todo un éxito de participación e resultou ser moi enriquecedora: disfrutar novamente todos xuntos de realizar actividades grupais, compartir o noso coñecemento, escoitar e FALAR en galego.

Foi moito o alumnado participante, polo que nos vemos incapaces de subir todo o material audiovisual recollido, e agradecer, dende aquí, a colaboración das familias como parte implicada da educación dos seus fillos/as.

E como dixo a gran parte do noso alumnado participante...
"NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA"















viernes, 18 de noviembre de 2022

Fin de semana con PINGÜI

Dende a semana pasada, temos en marcha unha nova actividade de aula que consiste en que PINGÜI poida saír da aula cada fin de semana e pasar este tempo de lecer co noso alumnado.
Cada venres, un neno/a da aula levará un maletín coa nosa mascota para que disfrute dela, e posteriormente nunha cartolina plasmará aquelas actividades que compartíu.

Comezou a nosa compañeira ELI que disfrutou de PINGÜI a fin de semana pasada, e o luns contounos na aula todo aquelo que fixeron xuntas!



A quen lle tocará disfrutar da nosa mascota este fin de semana?


jueves, 17 de noviembre de 2022

Os PINGÜÍNS na aula

Aquí tendes unha mostra máis do ben que o pasan os PINGÜÍNS na aula. E como ten que ser, xogan e se divirten mentras aprenden.











martes, 15 de noviembre de 2022

Aniversario de Eli

Estes días pasados foi o aniversario de ELI , que cumpríu 3 anos.

E como agasallo, regalounos un barco pirata que iremos pintando e completando nestas próximas semanas.


Moitas grazas e Felicidades ELI!!






Contribucións á aula dos Pingüíns

A continuación vos deixamos unhas fotos coas últimas contribucións dos PINGÜÍNS á nosa aula:


VEGA aportou material do outono


LOIS contounos cómo elaboraron na casa a súa cabaza


MOITAS GRAZAS polas vosas contribucións! 


jueves, 10 de noviembre de 2022

martes, 4 de octubre de 2022

Pingüi adaptados

Rematado o periodo de adaptación, os "novos" PINGÜÍNS xa están en marcha: xa coñecen as rutinas e os hábitos da aula e do centro, e agora toca "subir unha marcha" e aprender máis mentras se divirten.












martes, 27 de septiembre de 2022

Unha nova xeración de Pingüíns

Neste mes de setembro, incorporouse unha nova xeración de nenas e nenos á aula dos PINGÜÍNS onde aprenderemos moito e medraremos todos xuntos nun clima de confianza e alegría. E como tal, xa comezamos nesta nova andaina. Disfrutade connosco!!

PINTANDO O MONSTRO DE CORES





MERENDANDO NA AULA





Este novo alumnado levará, polo tanto, durante os vindeiros 3 anos, o alcume dos "PINGÜÏNS".

miércoles, 15 de junio de 2022

Pingüi - noticias 12ª Ed.

Sinceiramente, nunca foi un obxectivo facer ata un total de 12 edicións diferentes con estas "Pingüi-noticias" que se publican hoxe.

O obxectivo era motivalos/as para que quixeran escribir, expresarse a través da linguaxe escrita; que quixeran expresarse a través das palabras e, deste xeito, fomentar a escritura e o gusto por ler o que redactaron o resto dos seus compañeiros/as.

E sendo ésta a doceava edición, que dicir destes "Pingüíns"... que poden conseguir todo aquelo que desexen!

Disfrutade desta nova edición!


(premer no debuxo)